El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | SOGAMA

As múltiples e continuas incidencias no servizo de Renfe-Adif están a provocar serios problemas a Sogama e aos concellos

27-10-2024 00:07:26
Javier Domínguez Lino.

REDACCIÓN | Ao longo deste ano 2024, as incidencias no servizo prestado por Renfe-Adif no transporte de residuos non deixaron de sucederse, provocando serios problemas a Sogama e aos concellos. 

Neste sentido, cabe lembrar que o 57% dos refugallos xestionados por esta empresa pública transpórtanse por tren nunha clara aposta da entidade por un medio máis respectuoso co medio ambiente. Non obstante, os problemas operativos e loxísticos da operadora, non só non se solucionaron, senón que mesmo se viron incrementados. 

Xa o pasado mes de agosto, o presidente da Sociedade, Javier Domínguez Lino, dirixiu un escrito aos responsables do servizo de transporte de residuos por ferrocarril para manifestar o seu malestar polos constantes incumprimentos no mesmo, ocasionando graves problemas na actividade das plantas de transferencia e nos labores de recollida de lixo por parte dos concellos ao verse dilatados de forma desproporcionada os tempos de espera para realizar as descargas nas instalacións. 

Na misiva, Domínguez Lino daba conta de máis dunha trintena de incidencias que afectaron aos trens de mercadorías de Lugo, Taboadela e Vigo, e esixía a RENFE o estrito cumprimento dos termos do contrato, lembrando as garantías do plan de horarios, esencial para o correcto desempeño do servizo público prestado por Sogama  aos 295 concellos adheridos ao seu sistema (máis de 2,2 millóns de habitantes), así como de corrección de anomalías que derivaron en atrasos, problemas loxísticos, ralentización da loxística e unha presión sen precedentes na infraestrutura industrial da empresa. A todo isto súmanse as molestias e custos para os entes locais. 


Incumprimentos e desinformación 

A mediados de setembro, o presidente mantivo unha reunión con portavoces de RENFE para que estas incidencias fosen solucionadas coa maior prontitude, compromiso que asumiron, pero que non foi cumprido, xa que durante este mes de outubro, non só tiveron continuidade, senón que mesmo se viron incrementadas, chegando a contabilizarse, en tan só 25 días, máis dunha vintena. 

Ademais de todo isto, nin sequera RENFE se encarga de informar a Sogama das mesmas, senón que esta ten coñecemento a partir de avisos de terceiros, de chamadas das terminais de destino ou dos traballadores do Complexo Ambiental de Cerceda. 

A Sociedade Galega do Medio Ambiente fai un novo chamamento á Rede Nacional de Ferrocarrís Españois e advirte que, de non ser atendidas as súas solicitudes, adoptará as medidas oportunas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias