El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A Deputación aproba o proxecto Praias sen límite

Dotado con 150.000 euros para promover novas experiencias e desestacionalizar o turismo.

22-11-2024 13:50:05
Xunta do Goberno.

REDACCIÓN | O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López anunciou hoxe en conferencia de prensa que a institución provincial acaba de aprobar o proxecto Praias sen límite. Experiencias turísticas atemporais para reducir a estacionalidade, no que a Deputación está a participar ata finais de 2025 xunto coa Costa del Sol, a entidade de promoción de Lanzarote, a empresa municipal Almería Turística e a empresa municipal de turismo de Santander. En palabras do presidente provincial, “as Rías Baixas son un destino para desfrutar os 365 días do ano, e estamos traballando para compartilo con todo o mundo. Así que que mellor que facelo de man doutros destinos, tendendo pontes e sumando esforzos para incorporar boas prácticas e engadir, se cabe, aínda máis valor a esta provincia extraordinaria”. 

Praias sen límite trátase dun proxecto que ten un orzamento de 150.000 euros e conta cunha achega de máis de 120.000 euros do Ministerio de Industria e Turismo a través do programa Experiencias Turismo España, que ten como obxectivos aumentar e mellorar as experiencias turísticas no segmento de sol e praia, poñer en valor o patrimonio material e inmaterial dos territorios e as súas poboacións e impulsar a súa promoción internacional e a desestacionalización do turismo. 

En concreto, a Deputación no marco e Praias sen límite está a coordinar a análise e execución de espazos para apostar por un turismo familiar para desfrutar das praias coas mascotas e o desenvolvemento de rutas de sendeirismo costeiras que exploren a beleza natural da costa, promovendo o turismo activo e fomentando contornas singulares.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias