El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Ernesto González Valdés
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación e ALAS Coruña exploran vías de colaboración en iniciativas de apoio á diversidade e inclusión das persoas LGTBI

26-11-2024 17:30:44
Valentín González Formoso (c).

REDACCIÓN | O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, mantivo hoxe unha reunión coa presidenta de ALAS Coruña, Ana G. Fernández, e o técnico de Igualdade da entidade, Pablo Zas Varela. 

Durante o encontro, abordáronse os proxectos que ALAS Coruña está a desenvolver en diferentes ámbitos para visibilizar e defender os dereitos das persoas LGTBI+, así como novas propostas nas que a Deputación da Coruña podería prestar o seu apoio. 

Entre os temas tratados, destacaron a importancia de continuar desenvolvendo campañas de sensibilización para combater a LGTBIfobia e accións que aseguren unha maior inclusión social en ámbitos como o do deporte, onde son necesarios máis espazos inclusivos. 

O presidente da Deputación destacou o importante traballo que realiza ALAS Coruña e o impacto positivo do súa actividade na construción dunha cidade e unha provincia máis aberta e respectuosa coa diversidade. Pola súa banda, a entidade puxo en valor o apoio institucional recibido e destacou a necesidade de manter unha colaboración estreita para avanzar en proxectos clave que beneficien ao colectivo.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias