El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

Luis López confirma que a Deputación vai distribuír 600.000 euros entre 519 clubs deportivos

05-12-2024 17:50:42
Luis López.

REDACCIÓN | O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, confirmou hoxe que a Xunta de Goberno deu luz verde ao reparto de 600.000 euros entre 519 clubs deportivos de 58 concellos da provincia que participan en competicións federadas de ámbito inferior ao estatal. “Somos a provincia do deporte, e para seguir séndoo temos a obriga de apoiar aos noso deportistas e clubs, que levan con orgullo o nome da nosa provincia alá onde compiten”, asegurou López.  

Os clubs pertencen, tal e como explicou o presidente, a todo tipo de disciplinas deportivas: desde fútbol ata balonmán, ciclismo, padel, rugby, artes marciais, atletismo, montañismo, caza, esgrima, boxeo ou, entre outras, patinaxe. Cada un dos clubs recibirá ata un máximo de 3.000 euros e con estas contías poderán sufragar gastos federativos, de competición e adestramento, de persoal, de material deportivo ou gastos sanitarios.  

Máis polo miúdo, na contorna de Pontevedra 79 clubs deportivos reciben un total de 101.000 euros, nas comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes son 48 entidades as que contarán con 47.724 euros, no Morrazo 22 clubs reciben 31.576, na contorna do Salnés e Arousa se reparten 83.811 entre 69 clubs e en Vigo e o sur da provincia as achegas benefician a 301 clubs cun total de 335.652 euros.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias