El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A Deputación acolle a presentación da Guía de indicios para a detección de vítimas de violencia de xénero para a empresa

09-12-2024 14:26:49
O Salón de Actos da Deputacón.

REDACCIÓN | O Salón de Actos do Edificio Administrativo da Deputación acaba de acoller a presentación da Guía de indicios para a detección de vítimas de violencia de xénero para a empresa nunha xornada que foi inaugurada pola deputada de Igualdade, Sandra Bastos, e o director Xeral de Loitas contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba. No acto de presentación deste proxecto, impulsado en colaboración da Asociación Galega de Profesionais da Auditoría Sociolaboral de Xénero e da Prevención do Acoso e a Violencia nas Organizacións (AGAXEN), da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, por ámbito competencial, e de empresas públicas e privadas,  tamén participaron a inspectora de Traballo e ex vicepresidenta provincial Teresa Pedrosa e a consultora especializada en Igualdade Laboral, Mª´Ángeles García, que afondaron en como actual fronte á violencia de xénero no ámbito laboral. 

“A guía trátase dunha ferramenta de apoio para o tecido produtivo e as persoas traballadoras, así como tamén dun importante recurso á hora de detectar as situacións de violencia que están a pasar as mulleres, na gran maioría de casos de maneira silenciosa”, subliñou a deputada Sandra Bastos.  Ao respecto incidiu en que “o traballo é un dos lugares onde as persoas pasamos máis tempo polo que os compañeiros e compañeiras son importantes recurso e grandes aliados á hora de detectar estas violencias que están a padecer as mulleres”. Por este motivo, Bastos remarcou que “é indispensable que as mulleres vítimas de violencias machistas atopen nas súas contornas laborais un lugar seguro, onde se sintan arroupadas, onde se lles anime a denunciar aos seus maltratadores”. Neste eido, a guía permitirá dar ás persoas traballadoras ferramentas de apoio e recomendacións sobre como actuar ante casos de violencia de xénero. 

A deputada  provincial recordou que para o goberno provincial “a igualdade é un obxectivo prioritario” e detallou algunhas das iniciativas lideradas polo organismo como o Plan de Igualdade, o Protocolo para a prevención do acoso laboral, sexual e por razón de sexo, a teleasistencia móbil para vítimas de violencia de xénero a través de ATENPRO ou as campañas contra as agresións sexuais. “Tomámonos moi en serio a violencia de xénero –asegurou Sandra Bastos- e imos seguir aumentado os recursos para a súa erradicación porque sabemos que para que este obxectivo se consiga é necesaria a implicación de toda a cidadanía, desde multitude de sectores e sen exclusións nin confrontacións”.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias