El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación financia a Feira Olería Tradicional Alfaroleiros do Concello de Oleiros con 40.000 euros

10-12-2024 15:01:06
Xosé Regueira (e), e Ángel García Seoane.

REDACCIÓN | A Deputación da Coruña colabora coa Feira Olería Tradicional ‘Alfaroleiros’, do Concello de Oleiros. Faino a través dun convenio asinado hoxe entre o vicepresidente, Xosé Regueira, e o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, por valor dun importe de 40.000 euros, que cubre un 50% do orzamento presentado. 

Con este acordo de cooperación, a Deputación pon en valor a olería, un sector que considera non só atractivo polo seu interese cultural, senón con potencial rendible como medio de desenvolvemento económico, social e xerador de emprego a nivel local e provincial. 

Deste xeito, a subvención nominativa sufraga a metade dos gastos da ‘XXX Feira Olería Tradicional “Alfaroleiros”’, que se celebrou entre o 5 o 9 de agosto no parque Luis Seoane de Santa Cruz, no Concello de Oleiros. Unha cita que este 2024 cumpriu 30 anos e que reuniu a 26 oleiros procedentes de diversos puntos do estado español. 

En concreto, o importe achegado pola Deputación da Coruña cofinancia as actividades da celebración dun evento referencial na olaría da provincia: os concertos de Monolious DOP, Verónica Codesal e Caamaño & Ameixeiras, un espectáculo de humor, varios obradoiros e exposicións, así como os gastos de alugamentos loxísticos, de desprazamento, de persoal ou de difusión da feira.   





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias