El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Igualdade da Deputación destinará 150.000 euros en 2025 para as políticas de xénero das entidades sen fins de lucro

As axudas por beneficiario serán de ata 28.000 euros.

16-12-2024 09:25:02
Pleno da Deputación da Coruña.

REDACCIÓN | O BOP publicou a semana pasada a convocatoria do programa FOIO0B/2025 da Deputación da Coruña, de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o investimento en políticas de xénero no ano 2025. A institución provincial repartirá 150.000 euros, cun máximo de 28.000 euros por beneficiario. 

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde ás 8 horas de hoxe, 16 de decembro, ata as 14 horas do 16 de xaneiro de 2025, e a tramitación debe realizarse por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación. 

As entidades poderán destinar o investimento a programas de loita contra a violencia de xénero e a programas de promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, “alicerces das políticas do noso traballo en Igualdade da Deputación”, sinalou a titular do departamento, Soledad Agra. “Con esta liña de axudas”, engadiu, “podemos apoiar proxectos a prol do apoderamento e a participación social, do fomento da igualdade de xénero e do emprego en igualdade de oportunidades, e da conciliación e as posibilidades compartidas”. 

Para Agra, a liña de axudas tamén lles permitirá ás entidades “traballar na prevención, sensibilización e identificación da violencia de xénero, o mesmo que no tratamento integral das persoas en situación de violencia de xénero”. As bases da convocatoria 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias