El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Luis López anuncia que a Deputación pon esta fin de semana a funcionar o programa Lecer en Familia

10-01-2025 15:52:02
Luis López, presidente da Deputación.

REDACCIÓN | A Deputación de Pontevedra pon en marcha esta fin de semana o programa de benestar Lecer Familia, coas primeiras estadías de preto de 80 persoas de 11 concellos en establecementos hoteleiros da familia. Un programa, posta en marcha por vez primeira este ano, que busca reforzar lazos familiares nun ambiente de convivencia. “Vivimos nunha provincia extraordinaria, da que desfrutar ao longo de todo o ano. E nada mellor que facelo en familia, sobre todo a través de programas como este”, asegurou o presidente provincial, Luis López. 

En concreto, estas primeiras 80 persoas, que proveñen dos concellos de Caldas de Reis, Moaña, Nigrán, O Grove, Ponte Caldelas, Pontevedra, Ribadumia, Salceda, Tui, Vigo e Vilanova, e poderán desfrutar en familia dunha noite en réxime de media pensión con actividades socioculturais incluídas no Gran Talaso Hotel de Sanxenxo (63 persoas) e no Benestar Moaña (15). En total e ata o vindeiro mes de marzo serán preto de 3.000 as persoas que desfruten deste programa en 12 establecementos de sete concellos da provincia (Sanxenxo, Pontevedra, Vigo, Vilagarcía, Lalín, Baiona e Moaña).  

Lecer en Familia busca reforzar os lazos familiares nun ambiente de convivencia en establecementos entre os que se inclúen spas, balneario, talasos e hoteis tanto de zonas rurais como urbanas. Neles, mellórase a estadía coa oferta de actividades socioculturais (cunha ampla variedade a escoller asociada a cada establecemento) ou o acceso aos seus circuítos termais. Ademais de potenciar a calidade de vida as familias, o programa tamén busca potenciar o sector turístico da provincia de Pontevedra. 

Das preto de 3.000 prazas, 50 correspóndense cun réxime especial e son subvencionadas ao 100%. As de réxime xeral están subvencionadas con 60 € para maiores de 12 anos, 30 € para nenos de 3 a 12 anos, e ao 100% para menores de 3 anos. As estadías realizaranse en temporada baixa, con estancias dunha noite en fins de semana, períodos non lectivos ou vésperas de festivo.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias