El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Regueira salienta a estratexia turística da Reserva da Biosfera

14-01-2025 14:37:19
Xosé Regueira (e).

REDACCIÓN | A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo presentou hoxe a ‘Guía de Excelencia Ecoturismo na Reserva’ nun acto que contou coa participación do vicepresidente, Xosé Regueira, que puxo en valor a estratexia turística da entidade “baseada na preservación do territorio”. Regueira sinalou que “contamos cun país con infinitos recursos e oportunidades, pero temos que saber xestionalo ben e tomar consciencia do que temos para configurar o mellor menú turístico, e eso faino moi ben a Reserva, que en base a iso define unha estratexia e plantexa o futuro turístico”. 

O vicepresidente destacou tamén as sinerxías entre Reserva e Deputación no “modelo de turismo que defendemos, que ten que ser sostible non so dende o punto de vista medioambiental, senón tamén dende o socioeconómico, aportando beneficios e oportunidades de traballo e de benestar para a poboación local”. Neste sentido, “é unha gran oportunidade colaborar coa Reserva que, contando cun turístico relativamente moza dentro do escaparate turístico galego, foi capaz de conseguir retos moi importantes e desenvolver proxectos de gran interese para o país”. Regueira tamén se referiu á súa aposta pola gastronomía, “como primeiro destino turístico da provincia”. 

Polo tanto, “é un orgullo formar parte desta familia da Reserva, que ademais non só fala de sostibilidade senón que a practica”.  Regueira celebrou o traballo das persoas que desenvolveron a guía, “un exemplo máis de elementos que promove a Reserva para diversificar turismo e dar valor ao territorio”. 

“Estamos ante un destino con moitos recursos e produtos de moita calidade, pero sobre todo de persoas que traballades no territorio, que apostades por proxectos por e para a vosa contorna e que vos aliñades cos concellos para desenvolver un turismo responsable, e iso é futuro de todos e todas nós”, engadiu Regueira. “Cada vez máis xente mira para Galicia, pero temos que aplicar intelixencia turística: saber o que estamos dispostos a dar e tamén o que non estamos dispostos a perder. E ese é o gran valor da Reserva”.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias