El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DE OURENSE

A Deputación apoia o labor de difusión da gastronomía ourensá no exterior liderada pola asociación Amigos da Cociña Galega

15-01-2025 13:27:43
Asociación Amigos da Cociña Galega.

REDACCIÓN | O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu no Pazo Provincial a Javier Outomuro, presidente da asociación Amigos da Cociña Galega, entidade que preserva o patrimonio gastronómico galego e difunde o labor dos cociñeiros polo mundo. Menor trasladou ao presidente do colectivo e ao resto de membros do equipo directivo que acudiron á reunión o compromiso da institución ourensá cos obxectivos estratéxicos da entidade, especialmente na difusión dos produtos da nosa terra. 

No encontro de traballo tamén participaron o vicepresidente da asociación, Francisco Gómez; o tesoureiro, Javier Lorenzo; o director, Xosé Luis Reza e o vogal Orlando Pérez. Menor trasladoulles o “orgullo” de que a presenza ourensá na asociación sexa tan representativa, con membros que dispoñen de establecementos de primeiro nivel na provincia, dixo o presidente provincial. 

Menor recolleu as demandas dos hostaleiros, cuxa inquedanza máis inmediata é presentar a gastronomía ourensá e galega en Xapón. Neste sentido, asegurou que a Deputación seguirá apostando por un sector que supón “unha das actividades económicas esenciais para a provincia, para creación de riqueza, emprego e servizos que atraen visitantes a Galicia”. 

O presidente provincial sinalou que a cociña ourensá “é unha das mellores embaixadoras que podemos ter”, polo que reiterou o “compromiso absoluto e sincero” coas intencións de Amigos da Cociña Galega de medrar e seguir exhibindo a tradición gastronómica no exterior. 

Por outra banda, o hostaleiro Javier Outomuro, destacou que como asociación “seguiremos defendendo a gastronomía galega e levándoa polo mundo adiante”, con actividades concretas como a intención de presentar os produtos ourensás en terras xaponesas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias