El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación súmase á homenaxe a Pepe Carrillo

Unha figura fundamental do sindicalismo na Coruña.

07-02-2025 18:54:41
José Ramón Rioboo )d).

REDACCIÓN | A UGT rendeu homenaxe hoxe a Pepe Carrillo, "unha figura fundamental no sindicalismo e un referente na defensa da xustiza social e da dignidade laboral", en palabras de José Ramón Rioboo, representante da Deputación da Coruña nun acto que congregou a numerosos representantes do mundo institucional, político e sindical da comarca, entre eles a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, o expresidente da Xunta, Fernando González Laxe ou o actual secretario xeral de UGT en Galicia, José Antonio Gómez.  

Rioboo destacou que Carrillo é "unha figura eternamente vencellada sindicalismo nesta comarca", e subliñou que "dende os seus primeiros pasos na UGT, Pepe entendeu que o sindicalismo non é só unha ferramenta para defender os dereitos da xente, senón tamén a columna vertebral sobre a que sustentar o progreso como camiño para acadar o benestar común", expresou.  

O deputado tamén puxo en valor a capacidade de diálogo de Carrillo, destacando que "só a través desa habilidade conseguiu desenvolver todo tipo de negociacións para a defensa das causas xustas, mesmo en situacións de complexa e inestable realidade".  

Finalmente, Rioboo reivindicou a pegada que deixa Pepe Carrillo, asegurando que "o seu legado debe ser un faro para seguir loitando por novas conquistas laborais" e lembrando que "moitos dos dereitos e liberdades que hoxe gozamos foron posibles grazas ao compromiso e loita incansable de moitas persoas como él".





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias