El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Jesús Antonio Fernández Olmedo
Bayardo Quinto Núñez
Más noticias

DEPUTACIÓN DE LUGO

Lugo converterase na capital do debate entre a xente moza do 3 ao 5 de abril

10-02-2025 13:47:13
Pablo Rivera Capón.

REDACCIÓN | O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou hoxe na presentación do Torneo Lugo Debate, un evento que se celebrará do 3 ao 5 de abril, coa colaboración da Deputación, nas facultades de ADE e Ciencias do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela. O evento, organizado pola asociación Más Debate, reunirá a uns 200 estudantes de Secundaria, Bacharelato e universitarios de toda Galicia, que competirán na arte do debate, poñendo a proba as súas habilidades argumentativas e de oratoria. 

Pablo Rivera Capón destacou o apoio da institución provincial, que achega 10.000 euros para a organización desta iniciativa, porque “cremos que unha sociedade mellor fórxase no pensamento crítico e na capacidade de expoñer ideas con claridade". Subliñou o Deputado a importancia de eventos como o Lugo Debate “para formar unha mocidade capaz de analizar e comunicar as súas ideas de maneira efectiva e respectuosa”. 

No Lugo Debate, os participantes competirán en varias categorías de Secundaria e Bacharelato, cun máximo de 16 equipos por categoría. O torneo contará con fases de grupos e eliminatorias, ademais de diversas ponencias, conferencias e talleres prácticos sobre temas de actualidade e interese para a mocidade. 

“O Lugo Debate é unha excelente plataforma para que os mozos e mozas de Lugo poidan desenvolver as súas habilidades argumentativas, fortalecer a súa oratoria e, sobre todo, aprender a defender as súas ideas de maneira sólida e respectuosa”, sinalou Rivera Capón. O Deputado tamén reflexionou sobre o poder transformador da oratoria na política, afirmando que “a oratoria sempre tivo un papel fundamental na política, pois permite non só transmitir ideas, senón tamén convencer, emocionar e inspirar”. 

Ao remate da súa intervención, o Deputado convidou aos lucenses a seguir o evento e a reflexionar sobre a importancia do debate como ferramenta esencial para o progreso, destacando que “en tempos nos que a desinformación e os discursos rápidos teñen tanto peso, é máis necesario que nunca fomentar o diálogo, o respecto e a reflexión”. 

Os gañadores do torneo recibirán como premio unha viaxe a Bruxelas para coñecer de primeira man o funcionamento da política europea e como as decisións tomadas na Unión Europea impactan na vida da cidadanía. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias