El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DE OURENSE

Luis Menor celebra a ampliación da oferta termal da provincia coa incorporación dun novo balneario en Allariz

17-02-2025 17:30:05
Reunión termal en Allariz.

REDACCIÓN | O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, expresou hoxe a súa satisfacción pola incorporación á oferta termal da provincia dun novo balneario, logo de que o hotel Oca Vila de Allariz comunicara a autorización oficial que certifica a súa condición como establecemento con instalacións balnearias e augas mineromedicinais. 

Luis Menor felicitouse por unha noticia que supón engadir “un elemento máis nun gran sector estratéxico do noso territorio como é o termalismo”. Unha boa noticia, dixo, que contribuirá incrementar a oferta terepéutica e de benestar na provincia de Ourense e a dinamizar un concello “cun gran potencial turístico, como ten demostrado desde hai anos”. 

O presidente provincial trasladou os seus parabéns ao director do novo hotel balneario, Maike Pazos, no transcurso dunha reunión celebrada no propio establecemento alaricano e convocada pola Deputación de Ourense para analizar o desenvolvemento do programa de termalismo social. 

O encontro serviu, precisamente, para confirmar a próxima adhesión do balneario aos distintos programas de termalismo promovidos por la Deputación, con especial atención ao Termalismo contra a Soidade non Desexada. Deste xeito, o establecemento poderá ampliar a súa oferta de servizos, agora máis ampla con esta acreditación para tratamentos termais con augas mineromedicinais. 

O encontro de traballo contou tamén coa participación do director da área de Benestar da Deputación, José Juan Cerdeira, ademáis de representantes doutros balnearios da provincia. 

Na reunión púxose de manifesto o gran interese xerado polo programa provincial de Termalismo Social, onde o prazo de apertura de solicitudes abriuse fai apenas quince días rexistrando máis de 1.500 reservas nas primeiras dúas semanas. Este dato supón o maior número de prazas reservadas no menor período de tempo desde que o programa comezara no 2013. 

Os presentes avaliaron os datos de reservas por modalidades do plan, así como as estimacións para este ano e as accións para poñer en marcha desde a Oficina Termal AVE, en resposta ás propostas de colaboración recibidas para realizar promocións conxuntas entre o sector termal e outros axentes do territorio.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias