El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

SANTIAGO DE COMPOSTELA | EASDMM

A Semana Internacional das Artes e o Deseño da EASDMM transforma Santiago nun punto de encontro da creatividade

A Cidade da Cultura acolle o xoves a XV edición do desfile Despunte.

19-02-2025 12:45:24
Os alumnos presentan os seus proxectos.

REDACCIÓN | Estos días, a Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo (EASDMM) transforma Santiago no epicentro do novo talento e a creatividade cun amplo programa que culminará coa xa consolidada Gala Despunte, na que, ademáis da pasarela sobre a que os alumnos presentan os seus proxectos, entregaranse os premios, tanto do desfile, como da Exposición Despunte. 

Ao longo destes días tamén haberá actividades formativas destinadas á comunidade educativa da EASDMM e ao profesorado Erasmus+ incoming que participa na Semana Internacional. Así, dende o luns estanse a celebrar as Xornadas internacionais de deseño de moda e deseño de produto, que se celebran este ano por primeira vez, e que nesta ocasión teñen como tema central o deseño social.  

O obxectivo desta Semana Internacional das Artes e o Deseño da EASDMM, según Elisa González Penas, vicedirectora da EASDMM, ademáis de dar a coñecer o traballo do alumnado entre o tecido empresarial da contorna e a sociedade en xeral e promover a inserción laboral dos egresados, é "consolidar as relacións coas institucións socias e amosar o centro e a súa actividade a outras escolas e universidades europeas e membros da rede de escolas do Consorcio de Artes". 

Unha ducia de profesores docentes e relatores de países como Albania, Xeorxia, Mozambique, Cabo Verde, España, Gran Bretaña e Italia súmanse comparten experiencias estes días coa comunidade educativa da EASDMM para enriquecer a formación do alumnado. A primeira edición da Xornada Internacional de Deseño de Moda comeza o luns no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da USC, co tema 'Deseño Social'. O martes celebrase a I Xornada Internacional de Deseño centrada no 'Deseño de Produto' no mesmo lugar. Pola tarde, na Fundación Eugenio Granell inaugurarase a Exposición Despunte: Deseño de Produto, Fotografía, Técnicas Escultóricas e Xoiaría Artística que poderá visitarse ata o 9 de marzo. O mércores terá lugar a “Mostra dos Oficios” dos ciclos de Ensinanzas Artísticas Profesionais, para dar a coñecer o traballo dos talleres artísticos. 


Gala Despunte e Premios ao novo talento  

O xoves ponse o broche final coa Gala, pero tamen coa Xornada de Reclutamento de Talento, onde distintas empresas do sector como El Pulpo, Adolfo Domínguez, Bimba y Lola, Fink Orfebres, Paudepedra, Grupo Malasa, Tecnologías Marinas ou o Grupo Inditex se entrevistan co alumnado pola mañá. Ás 18:30 horas Diana Nogueira volverá a presentar a Gala Despunte, que comezará co desfile no que se poderán ver as coleccións realizadas para os Traballos Finais de Estudos do alumnado que acaba de graduarse, como parte do Grao en Ensinos Artísticos Superiores en Deseño de Moda da escola. A sección Miscelánea fai referencia ás microcolecciones e proxectos desenvolvidos no 3º curso da titulación. 

A Gala Despunte culminará cunha entrega de premios que recoñecen o talento nas distintas disciplinas impartidas na Escola, grazas ao apoio de entidades como Coosy, Signus Ecovalor, Artesanía de Galicia, El Pulpo, Galicia de Moda, González Almacén Fotográfico, Paudepedra, Colexio Oficial de Xoiaría e o Departamento de Dinamización da Lingua Galega da EASDMM. Os galardóns inclúen dotacións económicas de ata 1.500 euros, materiais especializados e oportunidades para participar en eventos de referencia como a San Telmo Fashion Week de Málaga.  

O Xurado do Desfile Despunte estará formado por Marcos Batuecas (exalumno e senior CRM & Customer Experience Manager UK & IRE en Lacoste), Sixing Xi (exalumna, deseñadora, ilustradora e socia en Tuuinx Slow Fashion, pertencente a Artesanía de Galicia), Martín Acuña, gañador da última edición Despunte, un representante das empresas galegas El Pulpo e Coosy.  

Pola súa banda, o da Exposición Despunte estará integado por Eduardo Valiña (conservador xefe da Fundación Eugenio Granell), Juan Marcos Adrio Fondevila (director da EASDMM) e representantes de Signus Ecovalor, Paudepedra, González Almacén e do Colexio Oficial de Xoiaría. 

O evento conta coa colaboración da Fundación Cidade da Cultura da Xunta de Galicia, a Fundación Eugenio Granell e a Facultade de Filosofía da USC, que ceden espazos emblemáticos para o desenvolvemento das actividades.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias