El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación contribúe á actividade cultural da Real Academia Galega cun investimento de 60.000 euros

19-02-2025 14:25:01
Valentín González Formoso (e), e Víctor Freixanes

REDACCIÓN | A Deputación da Coruña reafirma o seu compromiso coa cultura e a lingua renovando o apoio á Real Academia Galega (RAG). Fíxoo a través da concesión dunha subvención nominativa de 60.000 euros que servirá para financiar o 80% dun orzamento co que a entidade desenvolveu varias iniciativas.  

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o presidente da RAG, Víctor Freixanes, e a deputada de Cultura, Natividad González asinaron o convenio de colaboración nun acto no que o titular do goberno provincial aproveitou para destacar “a importancia de apoiar á Real Academia como institución garante do galego nun momento no que, por desgraza, o futuro da lingua estase a ver comprometido, como demostran os datos de diminución de falantes”. 

Deste xeito, a achega da Deputación da Coruña vén a sufragar unha importante porcentaxe dos gastos derivados da realización de varias actividades para a promoción da lingua e a literatura galegas. Unha destas iniciativas son os Cursos de verán de lingua e cultura galegas ‘Galego sen fronteiras’, que se organizan desde 1988 coa finalidade de achegar o idioma e as costumes a persoas de diferentes nacionalidades e, así, fomentar o seu coñecemento e potenciar o seu prestixio. En concreto, a Deputación cofinancia 49 bolsas de estudos e os conferenciantes e docentes de distintos cursos. 

A maiores, a achega provincial tamén axudou a financiar os gastos da iniciativa Primavera das Letras dedicado a Luísa Villalta. A acción permitiu divulgar a vida de obra da autora coruñesa a través de diferentes accións vinculadas ao ámbito educativo. 

A escritora tamén foi protagonista na produción, guión, gravación e montaxe da serie documental ‘Luísa Villalta: rebelión da palabra’, outra das iniciativas sustentadas polo apoio da Deputación.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias