El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Lucas Ricoy
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación organiza unha xornada sobre a brecha de xénero no deporte

21-02-2025 17:49:54
Cartel sobre a brecha de xénero no deporte.

REDACCIÓN | A Deputación da Coruña organiza, o vindeiro 6 de marzo, a segunda edición da Xornada sobre a brecha de xénero no deporte, un encontro que busca analizar e debater sobre as desigualdades de xénero neste ámbito. 

O evento enmárcase nos actos con motivo do 8M, Día Internacional da Muller, e reunirá a destacadas deportistas da provincia para abordar retos e propostas de mellora na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. 

A mesa redonda estará moderada polo xornalista deportivo Alfonso Hermida e centrada en diferentes aspectos da fenda de xénero, promovendo un espazo para a reflexión e intercambio de ideas. 

Entre as participantes figuran a campioa olímpica de vela, Sofía Toro; a campioa de España de natación adaptada, Almudena Quereda; a campioa de España de Halterofilia, Irene Martínez, e o adestrador do equipo feminino do Hockey Club Coruña, Stanis García, que compartirán a súa experiencia e análise sobre os desafíos actuais. 

Ademais, destacarase a importancia de políticas públicas e accións concretas para reducir esta desigualdade. Con esta iniciativa, a Deputación reafirma o seu compromiso coa loita pola igualdade e a visibilización das barreiras que aínda persisten en determinados ámbitos da sociedade.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias