El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Ernesto González Valdés
Más noticias

CASO ALVEDRO | CULLEREDO

María Rivas analiza con AENA e o Concello os posible usos comerciais da parcela do antigo aparcamento provisional de Alvedro

26-02-2025 14:02:00
Reunión con el alcalde de Culleredo, Rioboo (d,3i)

REDACCIÓN | A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas mantivo hoxe un encontro de traballo na Subdelegación co alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo; o director do aeroporto de Alvedro, Joan Ibáñez; o xefe da Demarcación de Estradas en Galicia, Ángel González del Río, e a directora da área de Fomento da Delegación do Goberno, Ana Quintairos, para analizar os posibles usos comerciais e de servizos da parcela do antigo aparcamento provisional de AENA no aeroporto de Alvedro, xunto a N-550.  

A subdelegada informou de que estes terreos, 20.000 metros cadrados que se habilitaron como aparcamento provisional para facilitar a construción do actual aparcamento do aeroporto coruñés, levaban sen actividade desde 2010. “Do que se trata e de poder darlles un novo uso e facelo ademais xerando novos servizos e oportunidades de emprego na comarca”, indicou Rivas. 

No encontro, ademais de coñecer os posibles usos, que incluirían unha zona comercial, un aparcamento para autocaravanas e servizos asociados, tratouse a cuestión dos accesos á parcela, xa que os plans de AENA afectan a un proxecto que o Goberno consensuara co Concello de Culleredo para habilitar sendas peonís na contorna da N-550. 

Con todo, a subdelegada apuntou que o proxecto para devolver a actividade aos terreos do aeroporto “aínda se atopa nunha fase inicial” e que os traballos agora se centran en definir as posibles actuacións para garantir os futuros accesos “nas mellores condicións de seguridade, tanto para peóns como para vehículos”. Neste senso, salientou o papel da Subdelegación do Goberno de cara a coordinar os diferentes estudos e actuacións que permitan facer realidade este proxecto.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias