El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Lucas Ricoy
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación conmemora o 8M poñendo o foco nos "Retos e resistencias das mulleres migrantes"

01-03-2025 15:48:44
Cartel do 8M.

REDACCIÓN | A Deputación da Coruña conmemora neste 2025 o 8M "Día da Muller" desenvolvendo unha xornada sobre os "Retos e Resistencias das Mulleres Migrantes"  que terá lugar o venres 7 no Circo de Artesáns (rúa Santo Andrés 36) de 9.15 a 14.00 horas. O obxectivo desta xornada é reivindicar as múltiples barreiras que enfrontan no seu proceso de integración social, laboral e cultural e no exercicio pleno dos seus dereitos. Para participar é preciso inscribirse neste formulario ou escaneando o QR do cartaz.. 

“As mulleres migrantes atravesan múltiples discriminacións non só polo feito de ser mulleres, senón tamén por ser migrantes. Súmanse dous factores que reforzan unha brecha que aínda hoxe continúa a ser infranqueable” sinalou a deputada de igualdade, Soledad Agra. “A precariedade laboral, as dificultades para acceder a unha vivenda digna e a tripla discriminación por xénero, orixe e situación administrativa irregular agravan a súa situación de vulnerabilidade, sendo vítimas de discriminación transversal, que combina factores de xénero, orixe e situación socioeconómica” engadiu. 

O obxectivo da área de igualdade neste 8M é promover un espazo de reflexión e diálogo sobre as experiencias, desafíos e estratexias de resistencia das mulleres migrantes na sociedade actual. Un punto de encontro para activistas, expertas, representantes da comunidade migrante e público en xeral para compartir testemuños e propostas sobre as políticas e prácticas necesarias para garantir a súa inclusión e benestar. 

Yarama Africa, entidade sen ánimo de lucro que deseña e desenvolve proxectos sociais e culturais cun importante transfundo social sobre feminismo, antirracismo e compromiso social é a facilitadora deste encontro, que finalizará co monólogo antiracista e afrofeminista de Asaari Bibang. 

“Dende esta administración queremos abordar todas as problemáticas que sufrimos todas as mulleres, en moitos casos profundamente agravadas pola situación socioeconómica” expresou a deputada, que puxo tamén en valor o papel das mulleres migrantes “esencial na sociedade” xa que, engadiu, “contribúen tanto económica como culturalmente ao desenvolvemento das comunidades de acollida. Con todo, os seus esforzos e loitas adoitan quedar invisibilizados”. Máis información





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias