El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

CONCELLOS

A Xunta abre a convocatoria para que os concellos melloren as súas infraestruturas culturais

16-03-2025 12:12:39
Parlamento de Galicia.

REDACCIÓN | A Xunta de Galicia acaba de publicar a convocatoria destinada a colaborar cos concellos galegos na renovación das súas infraestruturas culturais. Tratase dunha liña dotada con 500.000 euros que está destinada a actuar en bibliotecas, arquivos e locais culturais municipais para modernizar estes espazos. 

Así, o obxectivo da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude é dotar das medidas necesarias ás entidades locais comprometidas coa acción cultural para que poidan executar as súas programacións, así como contar coas infraestruturas que lles permitan a adecuada realización das actividades. 

Deste xeito, os concellos que sexan titulares destes recursos poderán solicitar estas axudas ata o 10 de abril e, a través desta achega, sufragar os gastos de reformas, obras de ampliación ou traballos de mellora da accesibilidade. Ademais, tamén poderán destinar a subvención a adquirir equipamento como material escénico, iluminación, son ou audiovisual, entre outros. 

Na convocatoria anterior, o Goberno autonómico contribuíu á mellora das instalacións e locais culturais de 46 concellos. Así, as axudas permitiron incrementar a calidade e a oferta cultural de 19 bibliotecas e axencias de lecura, 15 centros culturais, seis auditorios, dous centros de interpretación patrimonial, dous escolas de música e un arquivo. 

Estas axudas enmárcanse no compromiso da Xunta de Galicia para mellorar e impulsar o equipamento das unidades culturais e garantir o acceso á cultura de todos os galegos e en todo o territorio, en liña co futuro plan de modernización das infraestruturas culturais publicas de Galicia e da nova Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia aprobada por unanimidade no Parlamento. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias