El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación reclamará a Audasa 1,3 millóns polo IBI da AP-9 no último trimestre de 2023

17-03-2025 14:36:13
Alcaldes dos concellosda provincia.

REDACCIÓN | O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reuniu hoxe no Pazo de Mariñán aos alcaldes dos concellos da provincia polos que discorre a AP-9. Na reunión participou tamén o deputado de Facenda José Ramón Rioboo e os responsables dos servizos de Tesorería e Asesoría Xurídica da institución provincial. 

Durante o encontro, o presidente provincial confirmou aos representantes dos gobernos municipais que a Deputación da Coruña atenderá a demanda dos municipios de reclamar a Audasa os atrasos no IBI correspondentes aos meses que van do 19 de agosto de 2023 (cando rematou o fin da bonificación do 95% da que gozou Audasa durante décadas) ata o 31 decembro de 2023, unhas cantidades que suman un total de 1,3 millóns de euros nos 18 concellos que teñen delegado o cobro do IBI na Deputación, que son todos agás as cidades da Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela. 

Esta reclamación chega despois de que a Deputación liquidara a Audasa o 100% do IBI de 2024, o que supuxo para os 18 concellos da AP-9 que teñen delegada a xestión do IBI na Deputación pasar dunha recadación de apenas 189.000 euros a preto de 3,8 millóns de euros anuais. 

A decisión de liquidar o 100% do IBI de 2024 tomouse de oficio- “sen coste ningún para os concellos nin para a cidadanía”, recordou Formoso- por parte dos servizos tributarios da Deputación en virtude do Real Decreto 173/2000, que na súa cláusula vixésima establece no 19 de agosto de 2023 o fin do 95% de bonificación do que gozou Audasa durante décadas grazas a unha Lei de 1972. 


Actualización catastral 

Na reunión de hoxe en Mariñán, a Deputación da Coruña comprometeuse tamén a negociar co Catastro outra importante demanda dos concellos: unha actualización catastral que revise as cantidades que Audasa paga en concepto de IBI. “Estamos en conversas co Catastro para intentar facelo de xeito consensuado. A Deputación ten claro que o seu interese é cobrarlle á empresa que xestiona a autopista o xusto, o mesmo que paga calquera veciño ou veciña”, afirmou Formoso.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias