El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Lucas Ricoy
Más noticias

DEPUTACIÓN DE OURENSE

A Deputación abre a convocatoria para as axudas destinadas ás Anpas da provincia

17-03-2025 14:56:15
Xunta de Goberno da Deputación de Ourense.

REDACCIÓN | A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense vén de aprobar, na sesión celebrada hoxe, a mobilización dun total de 333.493,29 euros. Desta cantidade, 283.493,29 euros están destinados a axudas para a cooperación con diferentes municipios da provincia, coa finalidade de executar obras e servizos. 

Na mesma sesión, aprobáronse as bases reguladoras da convocatorio do concurso público para a concesión de subvencións a asociacións de nais e pais (Anpas) de centros educativos de Ourense que impartan ensinanzas de educación infantil, primaria e/ou ensinanzas obrigatorias que desenvolvan accións no eido da educación durante o curso escolar 2024/2025. 

Esta liña de axudas foi posta en marcha pola Deputación no pasado exercicio. A contía da subvención concedida estará en función do custo dos programas/actividades, sendo o máximo establecido a conceder de 2.000,00 euros por beneficiario. En ningún caso o importe da achega poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras Administracións Públicas ou doutros entes públicos ou privados, supere o custo total da actividade a desenvolver polo/a beneficiario/a. A porcentaxe subvencionable pola Deputación non poderá exceder do 50% do custo da actividade a que se aplique. 

O prazo improrrogable de presentación iniciarase a partir da publicación da convocatoria regulada nestas bases na Base de Datos Nacional de Subvencións, e rematará o 30 de abril de 2025, sendo este o derradeiro día no que poderán presentarse validamente as solicitudes no Rexistro Xeral desta entidade de forma telemática, a través do rexistro xeral da sede electrónica da Deputación 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias