El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O Circo de Artesáns entrega a Manuel Rivas o premio "Coruñés do Ano"

20-03-2025 18:23:50
A deputada provincial, Avia Veira.

REDACCIÓN | O coruñés Circo de Artesáns entregou hoxe o seu primeiro premio “Coruñés do Ano” a Manuel Rivas. Un acto organizado con motivo do 178º aniversario da entidade para recoñecer a obra dunha personalidade da cidade, e que contou coa participación da deputada provincial, Avia Veira. 

Veira puxo en valor o traballo do Circo de Artesáns “unha entidade senlleira na cultura da cidade, da provincia e do país;  a sociedade viva máis antiga de Galiza e un fervedoiro cultural polo que pasaron personalidades como Manuel Murguía, Concepción Arenal, Ortega y Gasset, Miguel de Unamuno, Castelao, Vicente Risco, Emilia Pardo Bazán, Otero Pedrayo, Sofía Casanova... e tantas outras.” “Por iniciativa súa construíronse monumentos a persoeiros da noa cultura instalados despois en lugares públicos, e foi berce de institucións benfeitoras. Ademais, organizou numerosas actividades culturais como exposicións, representacións teatrais, proxeccións, debates...” engadiu. 

“E o mellor de toda esta historia” sinalou a deputada, “é que ten moito futuro”, para posteriormente agradecer o seu traballo. “Nun mundo de individualismo extremo, atopar lugares onde pensar e escoitar é o importante, onde o común, o encontro e a entrega persoal está no centro, é verdadeiramente revolucionario”.  

Para pechar a súa intervención, Avia Veira parafraseou ao premiado, Manuel Rivas. “Estamos nun tempo de emerxencia no mundo. A poesía sempre foi voz de emerxencia. Estamos nun tempo de alarma, de mayday. A poesía sempre responde a un mayday. Estamos nun tempo de incerteza, nun rumbo de horizontes enfermos. A poesía e o primeiro e o último faro”. E rematou con un “que así sexa e que a túa poesía nos alumee durante moitos anos”.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias