El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Más noticias

A CORUÑA

Inés Rey reivindica A Coruña como referente galego en innovación e emprendemento na clausura da III edición de Vertical Summit

29-05-2026 14:36:21
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey.

REDACCIÓN | A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, participou hoxe na clausura do Vertical Summit A Coruña 2026, un encontro empresarial que reuniu na cidade a profesionais, directivos, emprendedores e expertos de diferentes sectores para analizar os retos e oportunidades da transformación económica e tecnolóxica. 

Durante a súa intervención, a rexedora destacou o papel da Coruña como o principal polo de innovación, emprendemento e actividade económica de Galicia, subliñando que “unha parte moi significativa do talento galego concéntrase na nosa cidade, onde conviven empresas consolidadas, proxectos emerxentes, centros de coñecemento e profesionais que contribúen cada día ao desenvolvemento económico do país”. 

Inés Rey puxo en valor a capacidade do tecido empresarial coruñés para adaptarse aos cambios e liderar procesos de transformación, especialmente nun contexto marcado pola dixitalización e a irrupción da intelixencia artificial. “A Coruña ten moito que dicir neste momento de cambio. Somos unha cidade aberta, innovadora e con ambición de futuro, capaz de atraer talento, investimento e novas oportunidades”, sinalou. 

A alcaldesa tamén incidiu na importancia da colaboración entre administracións, empresas, universidades e centros de coñecemento para afrontar os desafíos dos próximos anos e consolidar un ecosistema económico competitivo e sostible. 

Finalmente, agradeceu á organización do Vertical Summit o seu compromiso coa creación de espazos de encontro e intercambio de experiencias, así como a participación das persoas asistentes e relatoras nesta terceira edición do foro: “A Coruña seguirá traballando para ser unha cidade que acompañe a quen emprende, que apoie a quen innova e que xere oportunidades para o talento e a actividade empresarial”, concluíu a alcaldesa.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias