El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

O futuro do imposto de sucesións en Galicia, a debate este mércores no Club Internacional de Prensa

A reforma beneficia ó 99% das empresas familiares, maioritarias no tecido industrial galego

16-07-2007

O Club Internacional de Prensa organiza este mércores 18 de xullo, ás 11:30 da mañá, unha mesa redonda para debater sobre o futuro do Imposto de Sucesións en Galicia, e todo canto implica a reforma deste imposto que está levando a cabo o Goberno galego. Moderados polo xornalista Luís Pousa, participarán os expertos Santiago Lago Peñas, profesor titular do departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago; Xaquín Álvarez Corbacho, conselleiro no Consello de Contas de Galicia; Luís Caramés Vieites, presidente da AGEESP e Catedrático de Facenda da Universidade de Santiago; Antonio López, decano da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago. Debatir tamén sobre a importancia deste Imposto, a súa función redistributiva e de coherencia cun modelo de sociedade no que salienta o mérito e o esforzo persoal, é tamén importante para termos clara a dimensión dunha medida desta envergadura. Argumentos todos eles a debater nesta Mesa Redonda á que están convidados, ademais de xornalistas especializado, diversos axentes sociais, como o empresarial, ou os Colexios profesionais como o de Avogados ou o de Economistas, Sindicatos e Asociacións de Empresas Familiares. Conseguir un Imposto sobre Sucesións e Doazóns máis xusto, reducindo a carga fiscal e incidindo en aspectos como a transmisión de vivenda, transmisión de empresas, incremento da contía mínima esixida para tributar, a redución dos tipos medios de tributación ou a revisión da tributación do colectivo de discapacitados, serán temas que tamén se debullarán neste debate aberto que se celebra este mércores 18 no Club Internacional de Prensa.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias