O director xeral de turismo, Rubén Lois, presentou este martes en Santiago o proxecto ?A Traslatio Literia e Xacobea?, promovido pola Consellería de Innovación e Industria, e que ten como obxectivo "rememorar o tránsito dos restos do Apóstolo" ata Compostela, ao tempo que "promociona o Camiño de Santiago" a través dunha ruta marítima que unirá o porto de Valencia co de Vilagarcía de Arousa. ?A Traslatio Literaria e Xacobea? consiste nunha singular expedición marítima na que embarcarán escritores, xornalistas e peregrinos do panorama ibérico e galego, entre os que se atopan, por exemplo, o propio Ruíz Barranquilla, Rosa Regás ou Espido Freire. Esta viaxe, que conta cun orzamento de máis de 450.000 euros e co apoio financeiro de diversas entidades das comunidades valenciana, murciana e andaluza, iniciarase o vindeiro 4 de agosto no Porto de Valencia, lugar de onde partirá o buque escola ruso MIR con todos os participantes da ?Traslatio? a bordo, preparados para "revivir a tradición e a lenda" da ruta que fixo o Apóstolo, segundo explicou Ángeles Fernández. Rubén Lois sinalou que se decidiu apoiar esta proposta, entre outras razóns, porque "o Camiño é a espiña dorsal do Xacobeo", e ademais "a Asociación de Amigos do Camiño valenciana ten un gran número de asociados". Tamén sinalou que facer esta viaxe ata Compostela por mar "resulta moi atractivo", xa que "como se involucra a antiga ruta marítima comercial de Vilagarcía de Arousa, hai memoria histórica e mítica". Deste xeito, Lois considera que este proxecto é "moi suxerente para recuperar" a segunda vía para chegar a Santiago logo da terreste: a ruta en barco. E todo isto da man da "dimensión cultural" que cobra o proxecto grazas á participación de escritores do eido ibérico e de Galicia. Coa ?Traslatio Literaria e Xacobea?, "búscase unha nova vía para lanzar o Camiño", afirma Lois e este "é vida e é cultura". Asemade, declarou que un proxecto así tamén axuda a "reforzar contactos coas Asociacións do Camiño e agora tamén cos escritores.