El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Jesús Antonio Fernández Olmedo
Más noticias

COMPOSTELA MONUMENTAL | PRAZA DO OBRADOIRO

XIV edición das Xornadas de Patrimonio Histórico

O próximo sábado 26 de setembro.

26-08-2026 10:30:58
Foto de arquivo.

REDACCIÓN | A Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais CCA Compostela Monumental, o Automóvil Club de Galicia, Xunta de Galicia, Deputación de A Coruña e o Concello de Santiago de Compostela celebrarán o próximo sábado 26 de setembro, na Praza do Obradoiro a "XIV edición da Concentración de Vehículos Históricos Xornadas de Patrimonio”, unha cita clásica dentro da automoción do noroeste peninsular. 

Tanto Compostela Monumental como o Automóvil Club de Galicia, estableceron un cupo máximo de participación de, 160 vehículos. Polo que non poderán acceder á Praza do Obradoiro ningún coche que no haxa realizado a sua inscrición previamente. Contacto inscrición gratuita ao e-mail: automovilclubdegalicia@yahoo.es ou chamando ao teléfono: 609291550. 

As Xornadas de Patrimonio, as organiza a nivel mundial a Federación Internacional de Automóviles Antiguos nas principais capitais do planeta. En Galicia se celebrará en Santiago de Compostela, gracias á iniciativa da Asociación de Comerciantes Compostela Monumental e o Automóvil Club de Galicia, en colaboración có Concello, cobrando protagonismo a Zona Monumental de Santiago como expresión máxima do Patrimonio máis internacional de Europa e España. 

Os coches, coma en edicións anteriores, permanecerán en exposición en plena Praza do Obradoiro desde as 11:00 horas e ata as 19:00 horas para disfrute de veciños, curiosos, afeccionados e turistas. 

 “Esta concentración é unha das máis importantes de Europa das que organizan a FIVA e FEVA coincidindo coas Xornadas de Patrimonio e contribue como cada ano a dinamizar a zona histórica e otras da cidade durante eses días”, matizou José Manuel Bello Rey, Presidente de Compostela Monumental y COCAHI. 

“Tivemos que poñer o corte de asistintes en 160 vehículos para garantir a seguridade dos afeccionados, veciños e turistas que nos visitan e preservar o entorno patrimonial do Obradoiro. Creemos que as xornadas de Patrimonio en Santiago están moi consolidadas”, dixo Juan Carlos Pérez Otero, Presidente do Automóvil Club de Galicia.

Compostela Monumental quere agradecer tamén o apoio incondicional do Grupo Regueira, e da empresa de productos de limpeza para automóbiles Sísbrill, McDonald´s Santiago, e o Corpo da Policía Local de Santiago de Compostela.Adxuntamos cartel da concentreción deste ano.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias