El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Internacional

BNG | EURODEPUTADA

Ana Miranda: "Diante dun Estado xenocida como Israel non nos calamos"

30-09-2026 18:41:40
Ana Miranda (e).

REDACCIÓN | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, participa na conferencia 'Courage to Disobey', que se celebra este mércores e xoves no Parlamento Europeo, cunha defensa das persoas e organizacións sociais que denuncian os crimes do Estado de Israel contra o pobo palestino. 

Ana Miranda introduciu o segundo panel da conferencia co título 'Acción Política e Desobediencia Civil', no que participou Anxela Gippini, presidenta da organización Galiza por Palestina; o escritor Suso de Toro, denunciado polo lobby sionista ACOM por delitos de odio de carácter antisemita; e Wieland Hoban, presidente da Jewis Voice for a Just Peace. 

“Solidariedade plena cos que no calan, coas persoas que poñen os seus recursos, o seu corpo e loitan por unha causa xusta como a palestina”, destaca Ana Miranda sobre os participantes, “porque amosan valentía contra algo atroz, os crimes de lesa humanidade, o xenocidio, a ocupación permanente e o apartheid que comete o Estado de Israel”. 

O escritor Suso de Toro vive unha persecución xudicial por denunciar que o xenocidio contra os palestinos procede dos descendentes dos que sufriron o Holocausto perpetrado polos nazis. No Parlamento europeo criticou “a utilización perversa e banal daquel feito que fai o sionismo, por iso Palestina fainos repensar a cultura occidental e a democracia na que vivimos, xa que estamos chegando á liquidación do que críamos os nosos dereitos e liberdades”. 

A eurodeputada do BNG fixo un chamamento “a seguir desobedecendo decisións inxustas, diante dun Estado xenocida como Israel non calamos” e en favor da defensa do “activismo fronte aos vínculos económicos que sosteñen o status quo que permite a Israel cometer os seus crimes”. “Hai que continuar denunciando aos Estados Membros da Unión Europea porque son cómplices ao non anular un acordo inxusto como o de Asociación con Israel”, pediu Ana Miranda. 


Europa é cómplice de Israel 

Os participantes das conferencias, procedentes de distintos países de Europa e mesmo de Palestina, denuncian ao sistema de complicidade nas institucións europeas do que desfruta Israel. “A causa palestina non pode quedar nun recuncho da axenda”, pediu Ánxela Gippini, presidenta de Galiza por Palestina. “Dende os nosos inicios como organización centrámonos en denunciar as colaboracións institucionais e de empresas privadas co Estado de Israel, como recentemente os festivais de música de KKR, un fondo que inviste en Israel”. 

O título en galego das conferencias, 'A Bravura da Desobediencia” (The Courage to Disobey, en inglés), destaca o papel da resistencia civil de persoas individuais e organizacións sociais fronte a este status quo político en Europa. “Non podemos deixalos na desobediencia, porque nós tamén desobedecemos ante decisións en Europa e políticas que son inxustas”, defendeu a representante do Bloque. 

Este xoves celebraranse dous bloques temáticos máis. 'Comisión de Verdade e Reparación' ás 9:30h reunirá testemuños de primeira man de observadores de dereitos humanos e misións de solidariedade en Palestina e a derradeira, ás 11:30h, 'Avanzar: Estratexia e Próximos Pasos' porá de elevo o poder da acción directa para transformar o debate público.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias