El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Jesús Antonio Fernández Olmedo
Bayardo Quinto Núñez
Más noticias

ARTEIXO

Arteixo prepárase para celebrar os 25 anos da Feira Histórica "Arteixo 1900" cunha edición chea de sorpresas e emotividade

05-10-2026 14:06:33
O cartel 25 anos de lembranzas.

REDACCIÓN | A vila de Arteixo xa se prepara para viaxar no tempo un ano máis, e nesta ocasión faino cunha celebración moi especial. Os vindeiros 16, 17 e 18 de outubro terá lugar a XXV Feira Histórica Arteixo 1900, unha cifra redonda que rende homenaxe a un cuarto de século de historia, cultura e participación veciñal. 

Baixo o lema "25 anos de lembranzas", a edición deste ano promete ser inesquecible. Ao longo destes 25 anos, a feira rememorou múltiples etapas e temáticas: desde o agro, as lendas, as artes e oficios, a moda, a emigración, os muíños, os pazos ou a figura fundamental da muller, entre personaxes ilustres como Manuel Murguía ou Castelao. Hoxe, a feira consolidouse como un dos eventos culturais máis importantes da comarca, cuxo éxito reside na implicación directa de toda a cidadanía e do tecido asociativo local. 


Sorpresas para unha edición especial 

Aínda que polo de agora a organización prefire non desvelar o programa detallado de actividades para manter a expectación entre o público visitante, adiantan que esta 25ª edición contará con grandes sorpresas e momentos de gran carga emotiva que farán tremer de emoción as rúas da vila. 

O vestidor do tempo xa está aberto para desempolvar boinas, panos, traxes tradicionais e chaleques. Desde a organización convídase a toda a veciñanza e aos visitantes a sumarse a este aniversario de prata e a formar parte activa da historia viva de Arteixo. 

Os detalles da programación iranse revelando ao longo dos vindeiros días a través das canles oficiais do Concello de Arteixo.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias