El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Rueda anuncia unha liña pioneira de sete millóns para axudar os concellos a construir vivenda pública municipal

07-10-2026 11:49:56
Alfonso Rueda, presidente da Xunta.

REDACCIÓN | O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe unha nova liña pioneira por valor de 7 millóns de euros para axudar os concellos a construír vivenda pública municipal. Segundo detallou, o financiamento será de ata 80.000 euros por fogar, co fin de que máis Concellos poidan impulsar promocións propias, o seu carácter público estará protexido de forma permanente, e adxudicaranse a través do rexistro único de demandantes de vivenda. 

Durante a sesión de control no Pleno do Parlamento de Galicia en resposta ás preguntas dos grupos parlamentarios, o titular do Executivo autonómico afirmou que a vivenda “é unha absoluta prioridade para a Xunta”, e destacou que este ano haberá 4.670 vivendas públicas en marcha: 2100 xa licitadas nos primeiros nove meses de 2026, 600 que se van licitar antes de que remate o ano, 1860 en construción, e pisos rehabilitados ou adquiridos pola Xunta. 

Neste sentido, Rueda lembrou o compromiso de duplicar o parque público de vivenda antes de que remate o ano 2028, así como outras medidas postas en marcha polo Goberno galego como promover a construción de 20.000 vivendas protexidas en colaboración público-privada, axudar á xente moza con reservas en aluguer ou avais ou con rebaixas fiscais para a transmisión de vivenda.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias