El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Jesús Antonio Fernández Olmedo
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O Plan Único da Deputación alcanza os 178 millóns

14-10-2026 14:36:25
Pleno da Deputación da Coruña.

REDACCIÓN | O Plan Único (POS+) da Deputación da Coruña alcanza os 178 millóns de euros en 2026 tras a aprobación, no pleno extraordinario celebrado hoxe, dunha achega adicional de 25 millóns de euros. Os fondos, aprobados por unanimidade, súmanse aos 153 millóns xa consignados ao longo do ano e distribuiranse con criterios obxectivos entre os 93 concellos da provincia para financiar obras e gasto corrente destinado ao funcionamento dos servizos municipais. 

Esta nova ampliación reforza a capacidade dos concellos da provincia para atender as necesidades da veciñanza, executar obras e afrontar os gastos derivados da prestación dos servizos públicos. O programa permite combinar a mellora das infraestruturas e dos equipamentos municipais co financiamento dos servizos que os concellos sosteñen a diario. 

Cos fondos aprobados hoxe, o POS+2026 supera en 40 millóns de euros os 138 millóns que alcanzou o Plan Único en 2025. O incremento, de preto do 29 %, supón un importante reforzo da cooperación económica provincial cos municipios e amplía os recursos dos que dispoñen para desenvolver as súas políticas locais. 


De 25 a 178 millóns de euros para os concellos 

A dimensión económica alcanzada polo programa reflicte a transformación que supuxo a creación do Plan Único. O Plan de Obras e Servizos da Deputación contaba tradicionalmente cunha achega de 25 millóns de euros. Os 178 millóns deste ano multiplican por máis de sete aquela dotación e sitúan o financiamento municipal nunha escala moi superior. 

De feito, a achega adicional aprobada hoxe equivale por si soa á dotación anual coa que contaba tradicionalmente o antigo POS. Esta comparación permite apreciar o alcance dun programa que foi ampliando os recursos destinados aos concellos. 

O Plan Único facilita que cada municipio decida o destino dos fondos en función das súas necesidades. Deste xeito, os concellos poden adaptar o financiamento provincial ás prioridades da súa veciñanza, tanto para impulsar obras como para atender os gastos dos servizos municipais. 

Esta flexibilidade resulta especialmente relevante para os concellos con menor capacidade financeira, nos que o apoio da Deputación permite abordar actuacións e asumir gastos que teñen un peso importante nos seus orzamentos. Ao mesmo tempo, contribúe a que os recursos provinciais cheguen ao conxunto do territorio e se traduzan en melloras concretas na vida diaria da poboación. 


Financiamento para investimentos e servizos públicos 

A posibilidade de destinar os fondos a obras e gasto corrente permite responder a dúas necesidades fundamentais da administración local: mellorar as infraestruturas municipais e garantir o funcionamento dos servizos públicos. O POS+ ofrece así aos concellos unha ferramenta para planificar os seus investimentos e reforzar o financiamento da súa actividade ordinaria. 

A ampliación aprobada hoxe dá continuidade ás achegas realizadas ao longo de 2026 e eleva a 178 millóns de euros o volume total do Plan Único, que na última década consolidouse como un instrumento central da acción provincial e do apoio económico da Deputación aos municipios. 

Os municipios da área de Santiago reciben nesta achega adicional 7.189.148,14 euros, alcanzando un total de 50.328.649,16 euros de investimento. A área da Coruña e As Mariñas incorpora 5.733.118,88 euros e suma 41.977.287,81 euros durante 2026, mentres que a de Ferrolterra, Eume e Ortegal recibe 4.595.318,33 euros nesta achega adicional e chega aos 33.212.486,54 euros. 

Pola súa banda, a comarca de Bergantiños e Costa da Morte incorpora 4.332.624,25 euros e alcanza os 30.650.221,23 euros. A do Barbanza suma outros 3.149.790,40 euros, que elevan a súa dotación total a 21.831.355,26 euros. A distribución completa por concellos e comarcas





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias