El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Lucas Ricoy
Bayardo Quinto Núñez
Más noticias

A CORUÑA

Inés Rey reivindica o vínculo entre as administracións e o sector empresarial para facilitar a saída ao mercado das novas xeracións

22-10-2026 17:12:16
Inés Rey (c).

REDACCIÓN | A alcaldesa, Inés Rey, o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego e a Vicerreitora de Estudantes e Empregabilidade da UDC, Alsira Salgado, acudiron hoxe á inauguración da II Feira de Emprendemento e Emprego da Universidade da Coruña. Trátase dun entorno no que os estudantes de todas as titulacións poden encontrarse con as máis de 40 empresas participantes para explorar posibles saídas e oportunidades laborais. Ademais, o programa tamén conta con espazos e actividades orientadas ao fomento dos proxectos de emprendemento, a inserción laboral ou a innovación. 

Inés Rey expresou o apoio do Concello a todas as iniciativas orientadas a mellorar as perspectivas laborais do estudantado. “Todas as institucións temos unha responsabilidade clara coas novas xeracións. Poñer os recursos e as ideas ao servizo de crear un clima laboral que garanta unha saída ao mercado o máis favorable e rápida que sexa posible. Porque tecer redes para garantir isto é tamén apostar polo futuro da cidade, polo benestar da cidadanía e pola dinamización económica”, apuntou. 

Dentro da programación da feira, están incluídos obradoiros prácticos como «Aprendendo a emprender». Tamén a entrega dos premios para proxectos emprendedores universitarios e aos TFE en emprendemento, a habilitación de espazos para coñecer de primeira man proxectos emprendedores da UDC e zonas para que o alumnado poda conectar con empresas, entidades e recursos de apoio ao emprendemento e ao emprego. Ademais,inclúense nas propostas varias charlas e presentacións de empresas e entidades como STAC, Decathlon, Nauterra, Deloitte e a Axencia Tributaria, entre outras actividades.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias