El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Lucas Ricoy
Bayardo Quinto Núñez
Sociedad

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación apoia con 90.000 euros a Tempada Lírica de Amigos da Ópera da Coruña

23-10-2026 15:27:59
Valentín González Formoso (e), e Méndez Romeu.

REDACCIÓN | O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente de Amigos da Ópera, José Luis Méndez Romeu, asinaron hoxe un convenio de colaboración polo que a institución provincial achega 90.000 euros á Tempada Lírica da Coruña 2026. A axuda destinouse a cofinanciar a produción de Jen?fa, de Leoš Janá?ek, que se representou o pasado setembro no Palacio da Ópera. 

A produción supuxo a estrea absoluta desta obra en Galicia e súa cuarta representación en España. Contou coa dirección musical de José Miguel Pérez-Sierra, á fronte da Orquestra Sinfónica de Galicia, a dirección escénica de Emiliano Suárez e a participación do Coro Gaos. O elenco estivo encabezado por Vanessa Goikoetxea, Eliska Weissova, Alejandro Roy e Joan Lainez. 

A sinatura de hoxe coincide coa programación de Tosca, que regresou onte á tempada coruñesa despois de 22 anos e terá unha segunda función mañá, sábado 24 de outubro. A obra de Puccini reúne a Miren Urbieta-Vega, Ragaa Eldin e Carlos Álvarez, baixo a dirección musical de Oliver Díaz. 

O convenio dá continuidade ao apoio da Deputación a Amigos da Ópera, entidade fundada en 1952 e decana das asociacións operísticas españolas, e contribúe a manter unha programación que amplía a oferta cultural da Coruña e impulsa o traballo dos profesionais do sector.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias