El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Lucas Ricoy
Ernesto González Valdés
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Pontón traslada todo o apoio e solidariedade do BNG ás vítimas do accidente ferroviario de Toledo e ás súas familias

28-10-2026 13:17:15
Foto de arquivo de Ana Pontón.

REDACCIÓN | “Quero trasladar no meu nome e tamén en nome de todo o BNG o apoio, a solidariedade e o afecto ás vítimas e ás súas familias nun momento tan difícil e tan duro como este. Penso ademais que recollo o sentir de toda Galiza se digo que este tipo de accidentes nos chegan ao máis fondo porque aquí tamén vivimos un accidente ferroviario que segue marcando as nosas vidas e que, lamentablemente, non foi investigado no seu momento como debera. 

Por iso, desde Galiza e desde a memoria de Angrois enviamos todo o noso apoio, solidariedade e cariño coas vítimas, coas súas familias e coas súas amizades, que están vivindo un día moi amargo seguramente un dos días máis amargos da súa vida e queremos dicirlles que compartimos a súa dor que a sentimos como se fora unha dor propia. 

En segundo lugar, tamén desde o BNG queremos trasladar todo o recoñecemento e apoio para as persoas que están traballando nos servizos de rescate e de emerxencia, desde bombeiros, persoal que está na zona ou o persoal sanitario que está facendo un labor fundamental para salvar vidas, para axudar nun momento destas características. 

Sabemos que isto ten un enorme impacto emocional e estamos convencidas que a súa xenerosidade e tamén a súa profesionalidade fará posible un traballo que é imprescindible cando unha traxedia así nos golpea. 

Evidentemente, desde o BNG suspendemos toda a nosa axenda e imos estar moi pendentes de como evolucione a situación e tamén aproveito para dicir que estamos aquí para axudar en todo que sexa necesario, que poñemos a disposición toda a nosa forza e todo o que poidamos facer nun momento coma este, para dicir que aquí estamos e que a prioridade ten que ser axudar e colaborar para que canto antes se poidan levar adiante todas as labores de rescate das vítimas, que teñan todo o apoio que necesiten e que o impacto desta traxedia sexa o menor posible. 

Como estou segura de que comprenderán, hoxe non é o día para exixir responsabilidades nin explicacións, nin tampouco para sacar conclusións que poden ser precipitadas. Tempo haberá para esclarecer cales son as responsabilidades que hai detrás dun accidente que de novo nos sacude e creemos que neste momento o que toca é estar o lado das familias, o lado das vítimas, o lado das persoas que agora mesmo están vivindo con angustia seguramente non saber nin tan sequera como están os seus seres queridos. 

Polo tanto, desde aquí unha vez máis reitero todo o noso apoio, toda a nosa solidariedade e todo o afecto nun momento e nun día tan difícil”.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias