A Secretaría Xeral de Política Lingüística aprobou unha nova convocatoria de bolsas de lectorados de lingua, literatura e cultura galegas en universidades de España e do estranseiro. A convocatoria, publicada no Diario Oficial de Galicia o 18 de xullo, inclúe tres novos destinos: a Universidade Albertiana de Kiel (Alemaña), a de Zadar (Croacia) e a de Sao Paulo (Brasil). Con estas novas incorporacións xa son 32 lectorados e 43 Centros de Estudos Galegos os que integran a rede. Ademáios dos novos lectorados, a convocatoria renova tamén o convenio de colaboración centra Política Lingüística e outras dez universidades do exterior nas que a lingua galega forma parte dos seus plans de estudo. Trátase da Universidade Autónoma de Barcelona, a de Salamanca, Estremadura e Murcia, en España, e a Libre de Berlín (Alemaña), Bangor (Reino Unido), Rennes 2 (Francia), Varsovia (Polonia), Nova de Lisboa (Portugal) ou a Universidade da República (Uruguai), no estranxeiro. Para poder presentarse á convocatoria haberá que ter nacionalide española ou de calquera dos países membros da Unión Europea. Os licenciados en filoloxía galega, en filoloxía hispánica, subsección galego-portugués, ou en filoloxía románica, no caso de que a primera ou segunda lingua fose o galego, poderán solicitar calquera dos lectorados que se ofertan nesta convocatoria. Os interesados teñen de prazo ata o día 4 de agosto para a presentación de solicitudes. A solicitude está disepoñible en www.xunta.es/linguagalega