El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

O Consello da Cultura Galega denuncia que o galego "fica atrás" nos medios informativos pese ao "crecemento desmesurado" da oferta en radio e TV

23-07-2007

A lingua galega está "ficando atrás" nos medios informativos da comunidade pese ao "crecemento desmesurado" da oferta radiofónica e televisiva en Galicia, segundo denuncia un informe elaborado polo Consello da Cultura Galega (CCG), e que foi presentado este luns en Santiago. O estudo, titulado ?A comunicación en Galicia 2007?, sinala que "a oferta mediática aumenta pero a lingua non camiño ao seu mesmo ritmo". Pese ás mudanzas producidas no sector da comunicación nos últimos anos, "dende o punto de vista lingüístico os cambios non foron tantos nin tan relevantes", engade o informe. Neste sentido, o traballo só destaca no último ano a aparición do xornal gratuito LV e a maior presenza da lingua nos cadernos de bitácora persoais na internet. Isto último significou "o salto da lingua galega das páxinas institucionais ao seu uso público, voluntario e individual na rede", mantén o estudo. Na presentación do informe estiveron presentes o presidente do Consello, Ramón Villares e o coordinador da sección de comunicación, Xosé López, quen sinalou que actualmente se está a producir unha "reordenación" do sector da comunicación en Galicia. Así, asistimos a cambios en no modelo de negocio e a unha multiplicación da oferta. Deste xeito, o estudo dá conta deses cambios acontecidos no sector durante os últimos anos, ao tempo que analiza outras novidades como a forte irrupción da prensa gratuita na comunidade ou a implantación da televisión dixital terrestre. Ademáis, nesta ocasión prestouse atención a cuestións como a consolidación de internet como soporte de acceso á información, a polémica das concesións dixitais no ámbito autonómico ou a reivindicación dun lugar propio por parte da prensa local. Segundo informou López, esta entrega supón unha "radiografía parcial" da actividade comunicativa e tenta abordar as modificacións que afectan tanto aos "medios tradicionais", prensa, televisión e radio, como aos novos medios. A novidade deste ano é un capítulo dedicado á evolución do sector cinematográfico en Galicia. O informe, unha obra colectiva na que participan expertos das distintas disciplinas, pretende contribuir aos "importantes" debates que nacen no sector entorno á responsabilidade social dos medios de comunicación, segundo indicou o vicepresidente do CCG. Asimesmo, ten o obxectivo de impulsar uns medios "máis comprometidos coa lingua e cultura galegas", así como coa sociedade e co dereito dos cidadáns a recibir unha información veraz. O coordinador lembrou que esta é a quinta ocasión na que o Consello da Cultura Galega realiza un seguemento do sector da comunicación, incidindo naqueles aspectos que inflúen de maneira máis directamente na cultura. De feito, esta achega súmase ás ofrecidas en 1993, 2000, 2002 e 2004. Ademais, trátase dunha obra colectiva que se presenta nun ano "especialmente emblemático" para a comunicación en Galicia xa que numerosas cabeceiras están de aniversario. O semanario ?A Nosa Terra? cumpre cen anos, ?El Progreso? celebrará o seu centenario en 2008 e ?La Voz de Galicia? cumpriu este ano o seu 125 aniversario. Xunto a López, neste estudo tamén participan outros especialistas na materia como os profesores Miguel Túñez, José Ramón Pousa, Xaime Fandiño, Miguel Anxo Fernández ou Domingo Docampo, entre outros.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias