El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

?Cinema de noite? proxecta películas en galego en pequenas poboacións de Galicia

27-07-2007

A Consellería de Cultura e IB Cinema levarán cine en galego por pequenas poboacións galegas sen salas comerciais dentro da cuarta edición do programa ?Cinema de Noite?. As proxeccións de balde e ao aire libre de produccións galegas arrincan en Poio (Pontevedra) e Muros (A Coruña), con ?Pérez, o ratiño dos teus soños? e ?Mía Sarah?, respectivamente, e se estenderán ata o vindeiro 15 de agosto. Os concellos galegos poden elixir para as proxeccións de ?Cinema de Noite? entre outros filmes recentes producidos en Galicia, como ?Unha muller invisible?, ?O neno de barro?, ?Hotel Tívoli?, ?De profundis?, ?Concursante? e ?Un franco, 14 pesetas?, así como os documentais ?Camiño de Santiago: a orixe?, ?A casa da miña avoa? e ?JEDN?, sobre a figura do cineasta afeccionado José Ernesto Díaz-Noriega. Haberá 57 sesións en concellos repartidos polas rutas galegas do Camiño para contribuír á difusión e conservación do patrimonio cultural máis senlleiro de Galicia. Aproveitando o ciclo, Cultura emprenderá a campaña ?Cine de 8 mm, memoria do século XX?, xa que este ano se cumpre o 75 aniversario da introdución deste formato. Deste xeito se procura descubrir, restaurar e dixitalizar parte do patrimonio audiovisual de Galicia filmado en 8 mm. por particulares entre a década dos trinta e a dos 80. A cambio da cesión das películas, recibirá gratuítamente o material en DVD. Entre os espectadores que participen na campaña se sortearán varios aparellos relacionados co cinema, como un praxinoscopio, un zootropo e un fenaquistiscopio.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias