El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director

Cultura concorda coas críticas do Consello de Contas sobre a xestión do Monte Gaiás por parte do anterior Goberno

30-07-2007

A Consellería de Cultura emitiu un comunicado para aclarar que as críticas do Consello de Contas á xestión da Cidade da Cultura se refiren ao periodo que vai dende o nacemento do proxecto, en 1999, ata o 31 de decembro de 2004, rexido polo anterior Goberno autonómico. O informe do Consello de Contas coincide, segundo fontes do departamento que dirixe Ánxela Bugallo, coas críticas da propia Consellería, referidas á "falla de planificación", ao "oscurantismo" na comunicación do proxecto e á "falla de conexión" co sector cultural de Galicia, así como á "ausencia dun verdadeiro proxecto cultural" por parte do Goberno do Partido Popular. Cultura contrapuxo a xestión actual "e transparente" do prxecto do Monte Gaiás á criticada no Informe do proxecto do Monte Gaiás. Así, dende o cambio de executivo galego, hai xa un ano, Cultura "tomou cartas no sistema de xestión e elaborou un verdadero contido cultural". Proba disto é, segundo a mesma fonte, a substitución do sistema de ponencias asesoras criticado polo Consello de Contas pola implicación do sector e das institucións culturais do país, no que participaron 240 representantes. Por outra banda, a conselleira compareceu ante o Parlamento en varias ocasións para ofrecer información "polo miúdo" da evolución da Cidade da Cultura e o seu proxecto cultural.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias