El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Un total de 44 curtas compiten a partir do mércores no Festival On&Off en Ribadeo

30-07-2007

Ribadeo acollerá a partir do mércores a proxección dun total de 44 curtas participantes no Festival On&Off, que se desenvolverá no concello lucense de Ribadeo ata o domingo. Organizada polo Concello e Mr. Misto Films, a iniciativa inclúe proxeccións ao aire libre de curtas a competición, actividades formativas e concursos de gravación de curtas exprés, de realización de curtas con móbiles e fotografías. Na sección oficial de curtametraxes compiten un total de 44 obras finalistas resultantes das proxeccións realizadas por toda Galicia no circuíto de exhibición Redecurtas. Dos seleccionados, 30 optan ao Misto de Ouro á mellor curta de ficción, cinco ao Misto de Prata á mellor curta documental e 9 ao Misto de Bronce á mellor curta de animación. Os tres galardóns están dotados con 1.200 euros. As curtas proxectaranse ao aire libre en distintos espazos da vila, como as escaleiras da rúa Antonio Martínez, ou o Cantón dos Moreno, así como no interior do Cine-Teatro. O Festival On&Off potenciará este ano a sección ?A toda mecha_Curtas Exprés? para propiciar a transformación de Ribadeo nun gran plató no que se gravarán múltiples curtas en formato dixital a cargo de profesionais como Jairo Iglesias, Alber Ponte ou os irmáns Prada. As obras resultantes desta sección proxectaranse na gala de clausura e a mellor recibirá 3.000 euros, a metade en material audiovisual. O certame incluirá outras iniciativas, como un concurso de curtas realizadas con móbiles, ?Curtas de Peto?, que se subirán á web www.curtasdepeto.com. Os visitantes desta vila da Mariña poderán participar tamén nun concurso de fotografía dixital, ?Perspectiva allea?, premiado con fins de semana en hoteis. No apartado de formación, manteranse encontros con profesionais para abordar a produción de curtas, a animación e as posibilidades do cine dixital. Na gala final, que se celebrará o sábado 4 de agosto no Cantón dos Moreno, entregaranse os Mistos de Ouro, Prata e Bronce, así como o Misto de Cera a unha traxectoria dentro da curtametraxe, e contará coa actuación do grupo musical encabezado polo actor Luís Tosar, The Ellas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias