El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

O blog www.pobremundorico.org recibiu preto de 1.500 visitas na segunda quincena de xullo

O Simposio Internacional "Pobre Mundo Rico" chega aos cinco continentes

03-08-2007

Con só 19 días colgado na rede, o Blog oficial do Simposio Internacional "Pobre Mundo Ri-co" que organiza o Club Internacional de Prensa de Galicia, foron un total de 1.494 as visitas realizadas a este, visitas que supuxeron un total de 35.847 solicitudes. Uns datos que para a organización, teñen unha lectura fundamental: o interese da comunidade internacional por esta realidade que como unha lousa, pesa no mundo: a pobreza e desigualdade do mundo, eixe sobre o que xira o contido deste evento internacional. As visitas prodúcense dende os cinco continentes: Europa -incluíndo Europa do Leste-: (España, Gran Bretaña, Irlanda, Alemaña, Suecia, Francia, Holanda (Países Baixos), Austria, Suí-za, Bélxica, Ucraína, Portugal, Bulgaria, Italia, e Andorra); América Latina: Arxentina, Brasil, Perú, Venezuela, Costa Rica, Colombia, El Salvador, Chile, Uruguai, México, República Dominicana, Ecuador, Puerto Rico, Panamá, Cuba, Bolivia, Nicaragua, e Guatemala; Araba (unha das illas das Anti-llas Menores, ao noroeste de Venezuela e sur do Caribe); América do Norte: Canadá e Esta-dos Unidos; África: Mozambique, Cabo Verde, Alxeria, Exipto; Asia: Taiwán, Filipinas e Chi-na; Oriente Medio: Irán, e en Oceanía, Australia. Dentro de todo iso, España sobresae sobre os demais países, se ben alcanza un peso significativo Latinoamérica. Cabe resaltar que nestes 19 días do pasado mes de xullo, os días que maior entradas rexistra-ron no Blog foron entre o 23 e o 27 de xullo, sendo os luns os días de maior entradas segui-dos dos martes, xoves, venres, mércores, domingos e os sábados, por esta orde. En canto a horarios, constátase unha intensa afluencia entre as 8 da mañá e as 8 da tarde (unha media de 2.500 solicitudes por hora), aínda que as entradas que se rexistran entre as doce horas alterna-tivas (de 8 da tarde a 8 da mañá), son tamén significativas: unha media de 800 solicitudes. En canto á duración das visitas, permanencia no blog, é de constatar que a maioría delas están ata un máximo de 5 minutos, mentres que un 3,15% dos visitantes permanecen neste entre 15 minutos e unha hora. A media de permanencia no blog é de 3,75 minutos do total das visitas (1.494). Neste sentido, o Club Internacional de Prensa valora moi positivamente a posta en marcha deste Blog, constituído como vehículo de comunicación interactivo coa comunidade interna-cional e como unha perfecta ferramenta de interactuación que permite a miles de persoas de calquera parte do mundo, non soamente SE inscribir no Simposio, senón tamén achegar ideas, opinar, valorar o evento e contribuír con iso a divulgalo internacionalmente. Recordamos que este Simposio Internacional sobre Pobreza e Desigualdade no Mundo, "Po-bre Mundo Rico", está organizado polo Club Internacional de Prensa de Galicia (da Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia), e conta coa colaboración de Caixanova a través da súa Obra Social, a Dirección Xeral de Cooperación Exterior de la Xunta de Galicia, e as Universidades de Santiago de Compostela e Vigo. O Club Internacional de Prensa destacou tamén a intensa colaboración que voluntariamente están realizando diversas Asociacións, Organizacións No Gobernamentais e persoas a título individual tanto galegas como do resto de España, e tamén moi especialmente de Latinoamé-rica, para coa organización do evento. Unha colaboración que se traduce en xestos que, sem-pre, contribúen a enriquecer o contido do evento e a súa difusión internacional. O C.I.P. agradece profundamente a tod@s ell@s, esta colaboración que está a converter este Simposio Internacional nunha auténtica rede de redes que pon en marcha unha 'maquinaria humana' comprometida socialmente, que loita contra a pobreza e desigualdade no mundo en calquera das manifestacións con que estas se expresan. O C.I.P. quere recordar tamén que as inscricións para asistir ao Simposio -ou parte deste- se poden realizar a través do propio Blog, baixando o Boletín de Inscrición e enviándoo por correo electrónico (club.inter.prensa@xunta.es, info@clubinternacionaldeprensa.org) ou den-de a web deste www.clubinternacionaldeprensa.org organismo.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias