El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director

O Movemento polos Dereitos Civís denuncia ao Valedor por non responder ás queixas polas súas declaracións contra o galego

28-08-2007

O Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) denuncia que o valedor do pobo, Benigno López, incumpre as súas obrigas como institución pública ao non responder ás máis de 90 queixas que recibiu polas súas declaracións nas que "minusvaloraba gravemente o galego". Nas queixas enviadas a iniciativa do Movemento polos Dereitos Civís, máis de 90 cidadáns aconsellaban a Benigno López que cumprira o mandato recibido e un dos fins encomendados no seu nomeamento, como é a defensa dos dereitos lingüísticos dos galegos. O Valedor do Pobo facía o pasado mes de xullo unhas declaracións aos medios de comunicación nas que afirmaba que o uso do galego na administración de xustiza "pode resultar perigoso". Tamén sinalou que podía ser igualmente perigoso traducir sentecias do castelán ao galego xa que é difícil que terceiras persoas poidan interpretar o que quere dicir o xuíz que a dictou. Agora, o MpDC solicita ao valedor que remita a contestación oportuna "a cada unha das queixas recibidas" e rectifique as súas declaracións nas que minusvaloraba o galego.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias