El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Ernesto González Valdés
José Manuel López García

O BNG aspira a participar na gobernabilidade do Estado para que se priorice unha reforma da lexislación marítima

19-11-2007

O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, asegurou que os nacionalistas encaran as próximas eleccións xerais coa disposición de que o nacionalismo galego participe dun xeito estáble e construtivo na gobernabilidade do Estado. Quintana afirmou que un dos obxectivos será "cambiar certos hábitos da política internacional do goberno de Madrid". "Cinco anos despois do Prestige, segue sen haber medidas legais que controlen a nivel europeo o tráfico de mercadorías perigosas; é necesario que o BNG participe na gobernabilidade do Estado para cambiar as prioridades", dixo. Na mesma liña, afirmou: "O mar en Galiza son mexilloeiros, lonxas, pesca de baixura; en Madrid, mar significa unha sombrilla e un bañador". O líder do BNG realizou estas declaracións no xantar-mitin organizado polos nacionalistas do Morrazo para conmemorar os 25 anos da formación frontista, un acto ao que asistiron os alcaldes nacionalistas da comarca: Félix Juncal, Clara Millán e Xosé Manuel Millán; así como os deputados Bieito Lobeira e Modesta Riobó, ente outros cargos institucionais e orgánicos. A asistencia estivo perto das 300 persoas. Dentro dos obxectivos que quere acadar o nacionalismo na próxima lexislatura do Estado, Quintana enfatizou a necesidade de que as competencias en salvamento marítimo estean radicadas en Galiza. Así mesmo, asegurou que "é necesario para Galiza que o BNG participe na gobernabilidade do Estado para que o sistema de dependencia teña un financiamento xusto". "Galiza precisa participar nos 800 millóns que se van repartir coa Lei de Dependencia, e necesitamos o 10%, máis do que nos corresponde por poboación, poque a nosa poboación está envellecida e estabelecida no territorio de forma dispersa. Sen o BNG, iso non se vai ter en conta", dixo. Fidelidade "Os 25 anos de historia do Bloque Nacionalista Galego son a historia da fidelidade desta organización aos intereses de Galiza", segundo Quintana. Para o portavoz nacional, "poderíanse contar innumerabeis ocasións nas que tivemos que decidir entre poñer por diante os estritos intereses partidarios do BNG ou os de Galiza e sempre escollemos os interses do país". Precisamente como exemplo desta actitude, destacou que na catástrofe do Prestige, "o BNG prescindiu de protagonismos partidarios para organizar á sociedade". Así mesmo, enfatizou o "carácter transformador" das políticas do BNG, asegurando que "non estamos aquí para xestionar a miseria". Así, afirmou que o reto do BNG é trasladar as políticas transformadoras que está a realizar o nacionalismo na Xunta á política estatal. No acto tamén interviu a deputada pola circunscrición de Pontevedra e candidata á reelección, Olaia Fernández Davila, quen expresou o seu desexo de transmitirlles aos asistentes "o mesmo sentimento de ilusión que tivemos hai 25 anos en Riazor". Davila asegurou que coa chegada do BNG ao Congreso en 1996, "mudou a idea de que Galiza non sabe defender os seus intereses". "Nestes últimos catro anos, o esforzo do nacionalismo nas Cortes demostrou que dous deputados e un senador foron decisivos para alcanzar 2040 millóns de orzamento para Galiza no ano 2008, fronte aos 1200 millóns de euros do ano 2004", asegurou. A deputada nacionalista pediulles tamén aos asistentes "ilusión e firmeza" para a campaña das xerais. O acto contou ademais co intervención de Uxío Piñeiro, responsábel comarcal do BNG, quen tivo palabras de lembranza para Johán Carballeira, "alcalde mártir" de Bueu, fusilado no 36 e para os militantes "que xa non están entre nós". "O Morrazo foi terra fértil para o nacionalismo", engadiu.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias