El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Ernesto González Valdés
José Manuel López García

Xunta e Fomento investirán 6,3 millóns en 2008 na supresión de todos os pasos a nivel en vías autonómicas

28-11-2007

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, anunciou na Coruña que a Administración galega e o Ministerio de Fomento investirán conxuntamente 6,3 millóns de euros en 2008 para suprimir todos os pasos a nivel nas vías de titularidade autonómica. Touriño fixo este anuncio durante a clausura da Xornada sobre Seguridade Viaria organizada pola Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Pérez Touriño detallou as principais liñas políticas desenvolvidas pola Xunta para intentar reducir o número de accidentes nas estradas galegas, un obxectivo que cualificou como ?un elemento vertebral? da acción política. O pressidente galego significou que durante 2008 a Xunta vai investir 43,4 millóns de euros na eliminación de puntos negros nas estradas galegas. ?Con esta dotación orzamentaria actuaremos en máis de 20 tramos de concentración de accidentes, de tal xeito que se continúe co obxectivo marcado en 2007 de ter actuado sobre a totalidade dos existentes nun prazo de catro anos?, destacou. Así mesmo, afirmou que se destinarán 7,6 millóns de euros a actuacións de prevención e seguridade viaria, entre as que destacan a implantación da dobre vianda para evitar danos a motoristas, e 1,2 millóns de euros á redacción de proxectos e estudos en materia de seguridade viaria e á realización de cursos de formación para supervisar auditorías de seguridade viaria. Paralelamente, o Goberno galego ten previsto investir 95,7 millóns de euros na mellora de máis de 850 quilómetros da rede secundaria de estradas, co obxecto de que quede completamente revisada nun prazo de seis anos. Touriño lembrou que nos últimos tres anos a Xunta investiu máis de 300 millóns de euros en materia de seguridade viaria e conservación, o que supón ?un 83% máis de investimento que en toda a lexislatura anterior?, significou. O xefe do Goberno galego indicou que o Ministerio do Interior comprometeuse a acelerar o aumento de axentes de tráfico nas estradas galegas ?ata sumar 1.050 antes de que remate o ano que vén?. Tamén está previsto poñer en marcha en breve un Laboratorio de Metroloxía en Galicia que permitirá verificar e homologar os aparatos utilizados no control de tráfico e que contará cun investimento de 600.000 euros e capacidade para dar servizo a outras comunidades autónomas. Xunto a estas medidas, o presidente galego resaltou a importancia do Noitebús, subvencionado aos operadores de transportes para facilitar liñas de autobús gratuítas nas zonas de ocio nocturnas. Na actualidade existen preto de 80 servizos nas épocas vacacionais. Touriño destacou tamén a posta en marcha da campaña "Faite Ver", que ten como obxecto repartir distintivos a peóns co fin de reducir os atropelos. Segundo subliñou o presidente da Xunta, distribuíronse nunha primeira fase 5.500 distintivos e en próximas datas iniciarase unha nova fase na que o Goberno galego pretende un reparto intensivo de chalecos e brazaletes co obxectivo de acadar os 80.000 neste ano.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias