07-12-2007
Os cidadáns xa poden facer as súas queixas ao Valedor do Pobo a traverso de Internet e só cumprimentando un formulario disponible en "www.valedordopobo.com/como_online/index.php".
O Valedor do Pobo ven de renovar o sistema de queixas en liña e permite aos interesados prantexar as súas cuestións facilitando só datos personais e respostando varias preguntas sobre a cuestión que lles preocupa, un proceso que non leva máis de dous minutos.
Aparte de solicitar a identidade do reclamante, o DNI e o domicilio, no novo formulario o usuario ten que explicar contra que órgano da Administración galega, concello ou entidade ou empresa desexa platear a queixa. Ademáis, deberá indicar os motivos da mesma, se fixo algunha reclamación previa ou outros datos que considere de interese.
O alto comisionado do Parlamento garante a confidencialidade dos datos recolleitos nos ficheros informatizados e lembra que son confidenciais e que só utilizará as informacións para investigar os motivos da queixa.
Internet convértese deste xeito nunha ferramenta áxil coa que o cidadán se pode dirixir ao Valedor do Pobo, Benigno López. Nembargantes existen outras vías convencionais para canalizar as queixas como é a presencial, acudindo á sede do Valedor na rúa do Hórreo de Santiago en horario de 09.00 a 14.00; enviando unha carta coa información necesaria; ou por fax atraverso do número 981 572 335.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias