"Ocio e Cultura", "Comunicacións" e "Hoteis, cafés e restaurantes", os grupos con mellor comportamento
20-12-2007
A variación interanual do IPC situouse en Galicia no 3,9% ao finalizar o mes de novembro. Con este rexistro, o nivel de prezos respecto do mesmo mes do ano anterior sitúase dúas décimas por debaixo da media do conxunto de España. Así o reflicten os datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estadística, que recollen tamén que o Índice de Prezos ao Consumo (IPC) se incrementou o pasado mes, un 0,8%.
Na evolución por capítulos, os grupos que presentaron un mellor comportamento en novembro foron "Ocio e Cultura", onde os prezos decreceron un ?0,7%, e "Comunicacións" e "Hoteis, cafés e restaurantes" onde baixaron un ?0,1%. Pola contra, os grupos que presentan unha subida dos prezos máis elevada son "Vestido e calzado" (3,0%) e "Transporte" (1,4%).
Na evolución interanual, os grupos que tiveron un comportamento menos inflacionista foron o de "Medicina" e o de "Ocio e Cultura" nos que os prezos baixaron un ?2,0% e un ?1,0% respectivamente. Por outra banda, os grupos cunha maior suba dos prezos foron "Bebidas alcohólicas e tabaco" (6,8%) e "Transporte" (6,6%).
Índices provinciais
En relación cos índices provinciais, A Coruña, Lugo e Ourense son as provincias galegas que presentan unha menor subida dos prezos en termos intermensuais co 0,7%, mentres que no que a variación interanual se refire, Ourense é a provincia na que menos se incrementaron os prezos.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias