El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Ernesto González Valdés
José Manuel López García

Galicia, a comunidade que máis fondos europeos recibe tras Andalucía

21-12-2007

Galicia recibirá fondos comunitarios por valor de 5.674 millóns de euros con cargo ao marco orzamentario 2007?2013, o que a sitúa como a comunidade autónoma con máis recursos comunitarios tras Andalucía. Se a dita cantidade se engaden as achegas da cofinanciación procedentes da Administración central e da propia Galicia, o total de recursos para o conxunto do período ascende a 8.226 millóns de euros. Así o revelou o conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, antes de acudir a Madrid para asinar coa comisaria de Política Rexional da Unión Europea, Danuta Hübner, o Programa Operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). Con este acto, oficialízase o lanzamento dos fondos europeos en Galicia logo da aprobación, nestes días, dos conxunto de fondos estruturais (Feder; Fondo Social Europeo?FSE; e Fondo Cohesión) e dos sectoriais (Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural?Feader; e Fondo Europeo de Pesca?FEP) dos que se beneficiará Galicia. O conselleiro subliñou a profunda reorientación que abordou o Goberno galego no destino dos fondos para o novo período. Neste sentido, segundo destacou, a nova estratexia recollida nos programas operativos prima actuacións en ámbitos como a sociedade do coñecemento, a investigación e a innovación, o crecemento sostible, a accesibilidade e as redes de transporte, e a formación e promoción do emprego. O novo enfoque está en liña coas prioridades impulsadas pola propia Unión Europea na Axenda de Lisboa e persegue como obxectivo unha Galicia competitiva, global e avanzada que converxa cos países e rexións máis desenvolvidos. Marco Estratéxico 2007?2013 Neste sentido, segundo lembrou, o Marco Estratéxico de Converxencia Económica de Galicia (Mecega) 2007?2013, elaborado pola Consellería de Economía e Facenda e presentado en setembro de 2006, é o referente sobre o que se asenta a estratexia galega neste ámbito. Co obxectivo global de que Galicia acade o reto da converxencia en termos de crecemento e emprego grazas ao fomento dunha economía baseada no coñecemento, o Mecega plantea un significativo cambio respecto do período anterior. Cun enfoque estratéxico para un uso intenso e eficaz das achegas comunitarias, o novo modelo persegue impulsar a innovación, a produtividade, a internacionalización das empresas, o respecto ao medio ambiente e a mellora das infraestruturas de accesibilidade. En definitiva, realízase unha clara aposta polos factores de desenvolvemento vinculados á Axenda de Lisboa no senso de renovar as bases da competitividade, aumentar o potencial de crecemento, e reforzar a cohesión social e territorial, a través do coñecemento, a innovación e a valorización do capital humano. Segundo expuxo o conselleiro, Galicia dedicará máis fondos á educación e a I+D+i ?en definitiva, a coñecemento? que a infraestruturas, co obxectivo de impulsar unha economía competitiva que permita avanzar na converxencia coas rexións máis desenvolvidas da Unión Europea. No seu conxunto, a comunidade dedicará preto o 42% dos fondos procedentes do Feder á mellora do capital tecnolóxico ao través do desenvolvemento da economía do coñecemento e da innovación empresarial; o 31% ás infraestruturas de transporte e enerxía; e o 27% aos aspectos relacionados co medio ambiente e o desenvolvemento sostible.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias