O conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, afirmou que o Fondo de Cooperación Local acadará os 119 millóns de euros o próximo ano, o que supón un incremento do 12,45%, "por riba do incremento dos gastos non financeiros da Xunta que sitúanse no 7,3%". Así o sinalou tras reunirse co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e alcalde de Ames, Carlos Antonio Fernández Castro, co que comentou os orzamentos do 2008 en relación coas corporacións locais. O conselleiro subliñou que o incremento plantéase sobre a base de que medren os fondos de carácter non finalista para dar máis capacidade de elección aos concellos. Na reunión tamén abordáronse temas vinculados ao Pacto Local entre os que figura, segundo explicou o conselleiro, o compromiso de negociar unha contía do fondo complementario de cooperación local referente a 2005 e que non estaba nos orzamentos dese ano. Tras lembrar que dito fondo complementario estivo dotado nos anos 2006, 2007 e 2008 con 6 millóns de euros, o conselleiro avanzou que se abrirá unha vía de negociación para fixar a contía dese fondo que se liquidará antes de finalizar o ano 2009. O conselleiro e o presidente da Fegamp acordaron manter unha reunión o próximo 15 de xaneiro na que participarán os vicepresidentes da organización e na que se analizarán ?xunto co fondo complementario? a revisión dos criterios de distribución do FCL.