Sociedad
19-06-2008
O escritor Manuel Rivas presentará o luns, día 23 de xuño, o seu novo libro, titulado 'Os Grouchos'. O volume presentarase ás 18 horas na Libraría Ler de Santa Comba, onde será introducido polo xornalista Xosé Manuel Pereiro, e onde o propio autor lerá fragmentos da obra.
Segundo a editorial Xerais, o libro "convoca a unha odisea librepensadora, a unha ecoloxía da liberdade", que ten como porto de partida a Galicia de hoxe, entendida "como un local universal, o país portátil, unha identidade sen paredes".
Os Grouchos son unha denuncia contra os vellos e novos muros de silencio, mais tamén unha viaxe á procura das ?faíscas da esperanza? das que falou Walter Benjamin. Rivas reivindica, na modernidade, a ollada do ?home rebelde? de Camus. E na tradición lendaria, o espírito dos trasnos ?meniñeiros?, os seres invisíbeis que transmiten a herdanza do saber rir. O resultado é un libro que "morde contra a estupidez", como pedía Kafka, e que abre os cadeados coa chave do humor.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias