El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Inaugúrase o enlace aéreo Vigo-Londres cun 70% de ocupación

Ten unha frecuencia de tres viaxes por semán

20-06-2008

A nova liña aérea Vigo-Londres comeza a operar este sábado, 21 de xuño, cunha ocupación no seu vóo inaugural do 70 por cento, segundo anunciaron o tenente de alcalde vigués, Santiago Domínguez Olveira, e o director xeral de Turismo da Xunta, Rubén Lois. O vóo, que ten prevista a saida do aeroporto vigués ás 17 horas e a súa chegada ás 21.40 horas, será o primeiro das tres conexións semanais entre Peinador e Gatwick, os martes, os xoves e os sábados. O tenente de alcalde salientou a importancia desta coñexión internacional "para seguir proxectando a Vigo máis alá das nosas fronteiras". Ademais, explicou que unha delegación integrada por diversas autoridades desprazarase ao aeroporto de Peinador ás 16.30 horas para despedir aos primeiros pasaxeiros usuarios deste vóo e comprobar o despegue a pé de pista, do mesmo xeito que estará no aeroporto vigués para recibir á conexión procedente de Londres. Neste sentido, anunciou que Turismo de Vigo agasallará a dez pasaxeiros elixidos aleatoriamente cun fin de semana con todos os gastos pagados na cidade, mentres que a compañía Clickair correrá cos gastos da viaxe. Domínguez sinalou que esta conexión xa conta con máis de 5.000 billetes vendidos. Ao respecto, indicou que a compañía valora "moi positivamente" a marcha da demanda, que se incrementa considerablemente a partir de mediados de xullo e no mes de agosto, cando a ocupación ronda o 100 por cento. Destacou que en agosto incluso é maior o número de reservas do vóo Londres-Vigo que de Vigo-Londres. Tamén adiantou que no mes de setembro desenvolverase un acto promocional do vóo en Londres. Este feito tamén foi subliñado polo director xeral de Turismo, a quen o tenente de alcalde agradeu publicamente en nome do Concello o seu apoio "dende o primeiro momento". Rubén Lois manifestou que é un "pracer" a posta en marcha desta conexión directa entre os aeroportos de Peinador e Gatwick, xa que Vigo, como área urbana de 500.000 habitantes, "deixa de ser unha excepción". Así, lembrou que ata hai uns anos o apoio público estaba polarizado no aeroporto de Lavacolla, "pero os aeroportos galegos son tres, polo que temos que apoiar á tres infraestruturas". Neste sentido, expresou o seu compromiso de facer un "esforzo orzamentario" o ano que vén para respaldar novas conexións aéreas con outras cidades europeas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias