Sociedad
Presentados os primeiros resultados do Observatorio da Lingua
20-06-2008
O galego é o idioma que aprende a falar a maior parte da cidadanía e tamén o máis empregado nos ámbitos social e familiar. Sen embargo, e no castelán onde hai mellores competencias, aínda que na xuventude se aprecia unha notable mellora no dominio do galego. Así se puxo de manifesto na presentación dos resultados do primeiro ano de funcionamento do Observatorio da Lingua Galega, nun acto celebrado en Santiago que presidiu a secretaria xeral de Normalización Lingüística, Marisol López.
Segundo indicou a secretaria xeral, as observacións, iniciadas en 2007, abrangueron oito ámbitos: cidadanía, Administración, economía e empresa, educación, sanidade, tecido asociativo, medios de comunicación e telecomunicacións.
O estudo constatou a desigual presenza da lingua galega na sociedade, pois mentres nas Administracións autonómica e local conta cun uso maioritario, non ocorre o mesmo nos ámbitos da empresa e das telecomunicacións, nos que a situación da lingua dixo Marisol López que dista de estar normalizada.
7.000 enquisas
O método de traballo seguido polo Observatorio é mixto. Por unha banda, realizáronse máis de 7.000 enquisas directas e, por outra, organizáronse 22 paneis de escoita, mesas de debate e achegas e suxestións, con máis 130 representantes dos outros ámbitos analizados.
Os estudos do Observatorio seguen os modelos doutras comunidades autónomas con dobre lingua oficial e ofrecen, como novidade, un indicador para coñecer o grao de normalización, o denominado Índice de Normalización Lingüística (INL), obtido dos estudos realizados e que proporciona unha ferramenta estatística sobre o grao de normalización lingüística de cada sector.
Logo da primeira diagnose xeral, a función do Observatorio da Lingua será converterse nun instrumento áxil e rigoroso que proporcione información actualizada é en profundidade de sectores concretos nos que planificar actuacións de normalización lingüística no futuro.
De feito, Marisol López adiantou que as próximas liñas de trabajo deste instrumento centraranse no estudo da presenza do galego na Internet e no ámbito do dereito e das notarias, "para coñecer de forma rigurosa o uso do galego", resaltou.
Páxina web
O Observatorio da Lingua conta cunha páxina web (www.observatoriodalinguagalega.org) que presenta unha aplicación estatística para poñer a disposición dos usuarios amplia información dos resultados alcanzados.
Una das partes máis dinámicas da páxina será a sección 'Actualidade', na que se incluirán noticias relacionadas coas linguas, con independencia do idioma o do lugar en que se produzan.
Ademais, cunha periodicidade semanal, as persoas que o desexen recibirán o boletín 'Novas de Linguas', centrado na actualidade lingüística do mundo.
A web ofrece ademais, un fondo documental, estatísticas determinables por variables y por ámbitos e una hemeroteca do referido boletín.
En definitiva, segundo os seus impulsores, a través de la información obtenida, el Observatorio permitirá abrir novos ámbitos, de forma que se poida ampliar o trabajo realizado para un mellor coñecemento da situación sociolingüística galega.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias