Sociedad
24-06-2008
A concelleira de Mocidade do Concello da Coruña, a nacionalista Ermitas Valencia, presentou a Pasarela e o Certame de DJ Torre de Hércules, que organiza Singular-Stop. Na rolda de prensa a concelleira estivo acompañada polos promotores do evento, os deseñadores coruñeses Marya_B e Jose Matteos.
A concelleira explicou que o Concello apoia a celebración desta pasarela que se vai desenvolver na praza de Lugo o próximo día 28 de xuño a partir das 20,00 horas, por considerar que se trata ?dunha iniciativa moi positiva, que permitirá aos novos creadores dar a coñecer aos cidadáns a moda máis vangardista, que se fai non só na cidade, senón en todo o Estado?.
Valencia asegurou tamén que o uso da rúa como espazo aberto e accesible a todos para a celebración da pasarela dalle un valor engadido a esta iniciativa, que parte dos propios deseñadores.
Segundo explicaron os organizadores, na súa primeira edición a pasarela tamén servirá de mostra de apoio dos creadores contemporáneos á candidatura da Torre de Hércules para ser declarada Patrimonio da Humanidade. Así, a pasarela presentará o 28 de Xuño o traballo da vangarda da moda estatal e galega amenizada polas propostas dos finalistas no Certame de DJ Torre de Hércules. En cada edición haberá deseñadores invitados, e na de este ano será o coruñés Javier Cañás.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias